ANPA

Kung-Fu Nadal

O Club Shen Kung-Fu que xestiona a actividade extraescolar no centro tamén quere felicitar as festas cunhas simpáticas fotos.


Actividades ANPA

Consulte, no seguinte arquivo, as actividades extraescolares propostas pola ANPA. 

CONVOCATORIA DE REUNIÓN para o vindeiro xoves 27 de outubro de 2022

Convócase a todas as familias do IES Alexandre Bóveda a unha reunión que se celebrará o xoves 27 ás 18:30 en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria no salón de actos do instituto, coa seguinte orden do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Renovación da Xunta Directiva

3. Aprobación , se procede, da elección da nova Xunta Directiva

4. Rogos e preguntas.

Animamos a que participen todos os pais e nais do centro aínda que non sexan socios da ANPA. Para tod@s é moi importante a educación dos nos@s fillos e facendo camiño xuntos a tarefa é mais levadeira.

Grazas pola vosa colaboración.

Comunicación de mercadillo Curso 2021-2022

Estimadas Familias:

Desde a  ANPA  do IES Alexandre Bóveda  queremos  reanudar o mercadillo de libros pero para poder realizalo requerimos  da vosa colaboración tanto para a recollida como para a venda dos libros. Este mercadillo  realizarase unha vez finalizado o curso ( non  antes do 30 de xuño).

A recollida e venda de libros será dos cursos 2º ESO, 4º ESO e 2º de bacharelato.

As familias que quieran colaborar coa ANPA  que o comuniquen vía correo electrónico

anpaalexandreboveda@gmail.com.

 

DIAS DE RECOLLIDA DE LIBROS

LUNS 4 DE XULLO: 18.00 – 20:00                              

MARTES 5 DE XULLO: 17.30 – 19:30

 

DIAS DE VENDA DE LIBROS

XOVES 7 DE XULLO: Só para socios. 17:30-19:00.

VENRES 8 DE XULLO: 17:30-20:00.

 

Nota :Sin colaboración por parte das familias non poderemos realizar o mercadillo.

Facebook e twitter da ANPA

 

Desde aquí poderás acceder ao facebook e o twitter da ANPA.

 FACEBOOK

Conta en TWITTER: @anpacoia2

Distribuir contido