Benvidos

 ÚLTIMAS NOVAS

  • Cristina García Quiñones e Pedro Mirón Dominguez (2º ESO C) clasificáronse para a fase final galega da olimpiada matemática para 2º de ESO que se celebrará en Vigo o 25 de Maio de 2012. 
  • Os alumnos Pablo Blanco e Rodrigo  Iglesias,  de 1º de bacharelato de artes escénicas música e danza, van a representar, co seu grupo de funky-rock LAZY LADY,  ao noso insti nas semifinais do concurso nacional de MUSICAULA. Lé aquí máis detalles sobre este concurso. 
  • 3º ESO A clasificados en segundo lugar no Rally matemático 2012.

 

  • Convocados o  III concurso de problemas de matemáticas e o II concurso de relatos matemáticos. Agardamos a vosa participación.
  • A nosa biblioteca acadou un terceiro premio no Concurso Nacional de Boas  Prácticas en Bibliotecas Escolares. Noraboa a todo o profesorado e alumnado que fixo esto posible. Máis información no blog da biblioteca e no blog das bibliotecas escolares de Galicia. 
  • O venres 11 de novembro de 2011 entregáronse os  "Premios Irene: la paz empieza en casa".O primeiro premio na modalidade de profesorado ou profesionais da educación foi para un grupo de profesoras e profesores do noso instituto polo traballo "Proxecto BATA". Podes ver o video da entrega dos premios en  proxectobata.wikispaces.com
                                       

  • José Luís González Cabaleiro, alumno de 2º ESO B foi un dos seis gañadores da olimpiada matemática galega para 2º de ESO celebrada o pasado 20 de Maio en Vigo.
  • Un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato D (Sara Andrade Mosquera, Irene Rojo Martínez, Lucía Fernández Coutado, Rebeca Crespo Barreiro e Sergio Sánchez Mosquera), dirixidos polo profesor Daniel Rodríguez Pizarro, acadaron un premio no I Concurso de curtametraxes para escolares relacionados coa doazón e os transplantes 2010-2011.
  • 3º ESO A gañadores do Rally matemático 2011
  • Convocadas axudas para actividades de inmesión lingüística para o veran de 2011.
  • Xa podes ver as fotos do antroido 2011 na nosa galería.

  • O sabado 11 de decembro celebrouse en Santiago o Foro Mundial da Educación, e alí estiveron un grupo de alumnos do noso insti, acompañados dos profesores Daniel Rodríguez e Ana Álvarez, para falar do "Proxecto Bata". Máis información  no blog de tecnoloxía  http://tecnoboveda.blogspot.com/  

  • Un  dos traballos realizados na asignatura de TIC polo alumnado de 1º Bacharelato D foi o gañador do 1º premio no certame de microvídeos NON O IGNORES, NON O XUSTIFIQUES, NON O ESCONDAS convocado polo Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para tratar de fomentar unha maior implicación da sociedade diante da violencia de xénero.A entrega do premio será no Auditorio Municipal de Vigo o Mércores 24 de Novembro de 2010 , ás 19:00. O vídeo pode verse no blog de Tecnoloxía, TIC-TEC:  http://tecnoboveda.blogspot.com/

 


 

 

Distribuir contido