Teatropedia

O venres 12 de abril o alumnado de 1º BACH asistiu á representación da obra Teatropedia, da compañía Teatro Defondo, na Sala Ártika, na avenida de Beiramar.

Tres peculiares eruditos son os relatores do “XLV Congreso para la divulgación de la literatura española”, nesta ocasión dedicado ao teatro. Mais, sorpresivamente e por razóns económicas, teñen só unha hora para facer un percorrido pola historia do teatro español e unha breve referencia a Esquilo e á traxedia grega, e nada sairá como eles esperaban. Nunha viaxe cómica chea de situacións absurdas, o público coñecerá a obra de Lope de Vega, Calderón de la Barca, Zorrilla, Echegaray, Valle-Inclán, Lorca, Arrabal…

Ao rematar a obra, o alumnado participou activamente nun coloquio cos tres actores: Rocío Vidal, Pedro Santos e Pablo Huetos.

 

Comic Con Moaña 2024

Como xa vén sendo tradición, o alumnado do Club de Manga asistiu o venres 12 de abril a unha nova edición da Comic Con de Moaña. A vila convértese no epicentro do comic galego durante varias xornadas, organizanco un certame de referencia dentro do mundo da banda deseñada na provincida de Pontevedra.

A Comic Con supón unha cita na que se combinan profesionais e afeccionados da novena arte.

Un día inesquecible no que compartir gustos e intereses entre amigos e amigas.

Formamos 2024

O mércores 10 e o xoves 11 de abril o alumnado de 4ºESO e de 1ºBacharelato respectivamente tivo a oportunidade de asistir á Mostra sobre Educación e Formación de Mos FormaMOS

Como en edicións anteriores, a mostra supón unha oportunidade para conectar e coñecer de primeira man as posibilidades educativas máis actuais. O alumnado accede a un escaparate formativo que permite asistir a demostracións en vivo, encontros con profesionais onde recabar información especializada de cada sector.


Dende coñecer de preto o labor da policía, pasando polos ciclos do
Centro Integrado de Formación Profesonal A Granxa en Ponteareas ou os de animación sociocultural e turística, o alumnado tivo acceso a múltiples experiencias enriquecedoras como xogar partidas de xadrez, probar lentes de realidade virtual ou escoitar a historia de superación da atleta paralímpica Desireée Vila.

Unha vivencia inesquecible á que puideron acceder grazas á subvención pola ANPA do centro de dous dos catro autobuses precisos. 

Día internacional do pobo xitano

O pasado 8 de abril celebramos o Día Internacional do Pobo Xitano compartindo a súa historia a través dun percorrido informativo que abrangue dende a súa orixe e chegada á península ibérica ata a súa situación actual e os desafíos das mulleres.

Todo o alumnado do centro puido participar no itinerario de maneira autónoma.

Ademais, ao longo desta semana, o alumnado de 2ºESO achegouse á realidade e historia do pobo xitano coincidindo co seu día internacional. Participaron activamente e descubriron, a través de diferentes preguntas guía no percorrido, información para traballar posteriormente os conceptos de prexuízo e estereotipo.

 

O estudantado interesouse pola cultura e historia que foi coñecendo a través do 18 carteis deseñados pola Asociación de Ensinantes Xitanos, contribuíndo a incrementar o número de actos de concienciación previstos para esta data en Galicia. Intercambiaron proveitosamente esta información nun debate posterior en pequeño grupo.

Podedes ler aquí a Declaración Institucional do 8 de abril de 2024, Día Internacional do Pobo Xitano.

 

Sobremesas sobre versos con Raquel Castro

E por fin chegou o día!
Despois de botar semanas traballando co libro de Raquel Castro Sobremesas sobre versos, o luns 8 de abril a autora visitou o noso centro para intercambiar impresións e resolver algunha curiosidade sobre o proceso de escrita.

Coma sempre, unha auténtica ledicia compartir tempo con Raquel.

Presenza na festa da Reconquista

As nosas alumnas de 1ºBacharelato D Alexia Multa Araújo e Victoria Suárez Santos participaron na edición da Festa da Reconquista 2024. Despois de varias semanas de ensaio coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, fixeron un gran papel dentro da Milicia de Honra.
Podedes ampliar a información no Faro de Vigo.  

Campionato individual de Kung-fu

Comprácenos anunciar a boa clasificación de dous dos nosos alumnos no XVII Campionato de Galicia Escolar Individual de Kung-fu que tivo lugar o sábado 6 de abril nas instalacións deportivas da Valenzá en Barbadás, Ourense.

O adestrador Víctor M. Peleteiro imparte clases extraescolares de kung-fu no noso centro os martes e os xoves de 17:30 a 18:30 dende o comezo do curso.

Carlos Rielo Estévez de 2ºD quedou terceiro na categoría marrón infantil e Sergio Domínguez Mozas de 2ºE quedou de terceiro na categoría negro infantil.

Parabéns aos nosos deportistas e ao seu preparador!

Listaxe admisión alumnado curso 2024-2025

No taboleiro de anuncios do IES Alexandre bóveda están publicadas as listaxes provisorias e definitivas (naqueles cursos en que non houbo que baremar) do proceso de admisión para o curso 2024-2025. 

A partir de mañá, 26 de abril, ábrese un prazo de cinco dáis hábiles para presentar reclamacións. 

Prazo reclamacións: 26 de abril a 3 de maio, ambos os dous incluídos. 

 

 

Distribuir contido