|
Avisos
Falemos da ABAU
A Universidade da Coruña (UDC) elaborou uns vídeos explicativos, Falemos da ABAU, que poden ser de utilidade para o alumnado de 2º de Bacharelato que se vaia presentar ás probas da ABAU.
Bolsas para alumnado que curse estudos postobrigatorios
Enviado por admin o Xov, 21/03/2024 - 16:58Está aberto o prazo para solicitar bolsa para os estudos postobrigatorios ata o 10 de maio, ás 15.00 horas.
A tramitación só é electrónica, a través de Internet: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076
Información e acceso á tramitación electrónica
Acreditación das competencias dixitais do alumnado
Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Resolución do 28 de febreiro de 2024
Competencia dixital do alumnado
Inscrición probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Para máis información prema na seguinte ligazón: ciclos grao medio.
Román Portela (4º ESO) gañador dun concurso de relatos
O día 19 de Novembro, no Centro tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), o noso alumno de 4º de ESO Román Portela Suárez, recibiu o 1º premio da categoría B do concurso de relatos de ciencia ficción convocado polo mesmo.
Gañador da XII olimpíada matemática para 2º de ESO.
O noso alumno Óscar Iglesias González (2º ESO B) foi un dos tres gañadores da XII olimpíada matemática para 2º de ESO, celebrada o 14 de Maio de 2010 en Vigo.
Agora os tres gañadores participarán na fase final da olimpíada matemática estatal que se celebrará do 24 ao 28 de Xuño de 2010 en Palma (Mallorca).
PARABÉNS PARA ÓSCAR (no centro na foto) E PARA OS OUTROS DOUS GAÑADORES