Semana das Artes Plásticas

Paso do alumnado do IES Alfoz - Valadouro polo CENIMA de Foz para ver a exposición da Semana das Artes Plásticas.

Enlace as fotos da visita.

Obradoiro con Hipólito Xeada

Continuando coas actividades programadas dentro do marco da Semana das Artes Plásticas da Mariña, os alumnos de 3º ESO do IES Alfoz-Valadouro contaron, o pasado venres día seis de marzo, coa visita do pintor e escultor Hipólito Xeada, quen lles ilustrou unha das lendas recollidas por eles.

Enlace ás fotos.

Proxecto "Una cebra en el agua III"

O departamento de Ciencias Naturais vai participar, como o ano pasado, nun proxecto de xenética con peixes de acuario (danio cebra)

O alumnado participante será o de 4º ESO. Acceso a video do proxecto

Acceso a páxina do proxecto.

Entroido Dragaliano

Este ano o Entroido do centro foi sobre  persoaxes da época no que se desenvolve o libro de Dragal.

1º ESO foron de dragón.

2º ESO meigas e magos (algún confunduse de mago e aparceu de prestidixitador)

3º ESO de cabaleiros e damas da época.

4º ESO de zombis (estes non eran moito de dragal ???)

Enlace ás fotos.

 

Charla sobre drogas e alcohol

Esta semana ralizouse unha charla informativa ao alumnado do IES sobre os problemas do consumo de drogas e alcohol.

Esta charla está integrada no Plan Director realizado entre a delegación de Educación de Galicia e os Corpos de Policia e Garda Cvil da Comunidade.

Enlace ás fotos.

Obradoiro de grabado con Xosé Blanco

O IES Alfoz-Valadouro recibiu o mércores 11 de febreiro ó deseñador Xosé Blanco que lles ensinou ós alumnos de 4º ESO da materia de Plástica os pasos a seguir para traballar coa técnica do linogravado, sistema de deseño co que se ilustrarán as lendas da zona que os alumnos do centro recompilaron para participar no proxecto “Semana das Artes Plásticas da Mariña”.

Enlace as fotos

 

Cronica3

O Mundo que Queremos

O alumnado de 4º de ESO da materia de Ética  participa na nova edición de O Mundo que Queremos que é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto preténdese explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Ao noso centro tocoulle traballar no ODM 4 que é o de reducir a mortalidade infantil

Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades galegas e do Sur culminará na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e un encontro final intercentros no que todo o alumnado participante gozará dun concerto e amosará os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante estes meses. Este encontro final será o día 17 de abril en Santiago de Compostela

Se ben este proxecto tivo o respaldo das entidades que conforman a Coordinadora Galega de ONGD son sete as organizacións que se atopan detrás da segunda edición de Cooperación galega: O Mundo o que Queremos: Solidariedade Internacional de Galicia, Educo, Mundo Cooperante, Agareso, ACPP, Tempo de Loaira e o Grupo de Teatro da Oprimida.

Como anticipo do noso traballo deixámosvos o enlace ao blog  que fixemos para este proxecto.

Inicio procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Curso 2015 / 2016

Segundo a Normativa reguladora do procedemento de admisión "Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educacion secundaria obligatora e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación" (DOG, 15 de marzo de 2013) o procedemento para a RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, así coma a ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS realizar´´ase nos seguintes PRAZOS:

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, do 1 ao 15 de febreiro, ANEXO I

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, do 1 ao 20 de marzo, ANEXO II

 

 

Enlace a p´´axina da Xunta

Lucia Vila

Obradoiro con Lucía Vila no que ilustraron lendas da comarca recollidas polo alumnado.

Enlace o album das fotos.

 

Cronica3 

Distribuir contido