Concurso de carteis: Samaín, Magosto 2013

Convócase o concurso de carteis para anunciar a festa que se vai facer no Centro o mércores 30 de outubro.

Os carteis teñen que invitar ou anunciar á celebración do Samaín e do Magosto.

A data límite para entregar os carteis será o luns 21 de outubro.

Equipo de Normalización Lingüística.

Estreo de "Pasado e futuro"

O venres 18 de outubro estrearase a nova película realizada polo IES Alfoz - Valadouro, Pasado e futuro. Protagonizado polo alumnado e o profesorado do centro, así coma dos colexios da zoa.

O estreo realizarase na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.

Convidamos a toda a comunidade educativa a acudir ao estreo.

Un saúdo.

Pasado e futuro

Xornadas de Aulas abertas

O IES Alfoz - Valadouro únese a xornada de Aulas abertas organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público impartindo clases fora da aula para manifestar a oposición á LOMCE.


Aulas abertas


Clases de plástica e matemáticas



Clase de Educación Física

Letras Galegas 2013

O alumnado de 3º ESO fixo un vídeo coa lectura animada da obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño, Integral.


Aqui tedes o resultado final, una vez que pasou pola mano artística da nosa profesora de plástica, Paz.


GAÑAMOS!!!!! Lipdub "Jet Lag"

O video - proyecto do IES Alfoz - Valadouro presentado no concurso de  "Aprendiendo con vídeo" de la plataforma proyecta, acaba de resultar GAÑADOR no apartado de video proyecto. facebook da Plataforma proyecta. 


DENDE A PÁXINA WEB DO CENTRO QUEREMOS FELICITAR A TODOS POR O TRABALLO BEN FEITO, E POLO BEN QUE O PASAMOS FACENDOO.


Felicidades especiais a Yolanda, Simeón, Pepe, Paz e Armelle, que sin duda eles foron os que máis fixeron para consegui-lo, así como o alumnado de 4º ESO de informática, encargados de facer a montaxe.


Tedes aquí o resultado final:



La Voz de Galicia

Guión da nova película do IES Alfoz - Valadouro

Este ano, volvemos a facer unha película no IES e para elo contamos coa participación de toda a comunidade educativa.


Polo momento e para facer boca, colocamos o guión de: PASADO E FUTURO.

Día da Paz

Accede a galería para ver as paxariñas feitas polo alumnado do IES Alfoz - Valadouro con motivo da celebración do día da PAZ.


Dia Universal da Infancia

Día universal de la infancia on PhotoPeach

Enlace

OPS! O Português Simples

O mércores 7 de novembro no IES Alfoz - Valadouro realizáronse dous obradoiros (un para 1º ciclo e outro para 2º ciclo) sobre portugués, OPS! (O Português Simples), organizado polo departamento de galego e ofertado desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo.


Cada obradoiro tivo unha duración de 100 minutos. A relatora, Noemí Pinheira, empregou diversos materias: Office Impress, Internet, música e audiovisuais, todo elo en portugués (tanto de Portugal coma do Brasil)


O alumnado participou activamente e gozou dunha actividade enriquecedora sobre un idioma que temos preto do noso, non só xeograficamente. Os obradoiros están pensados co obxectivo de lle mostrar ao alumnado a vantaxe competitiva que representa o galego no contexto español e europeo, xa que nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués e, por tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.


Pica no enlace para ver as fotos na galería do obradoiro de 1º ciclo. 


OPS!


Cronica 3

Distribuir contido