Orientación

BOLSAS NEAE 2024-2025

OBRADOIRO PARA DOCENTES E FAMILIAS. MARTES 14 DE MAIO DE 2024.

 

Antonio Rial Boubeta é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 21 teses de doutoramento, foi responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias. É membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. Dirixíu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria, que é a día de hoxe un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema. O curso pasado dirixíu tamén o estudo Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia, da man da Fundación Barrié, na que participaron 10.000 adolescentes galegos. Ten publicado os seus traballos nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e as adiccións, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology. Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne) ou o DCU Anti-Bullying Centre (de Irlanda). É tamén colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto prensa, como radio e TV. En 2022foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia. Forma parte do Comité de Expertos creado recentemente polo Ministerio de Infancia e Xuventude, para a protección dos menores na contorna dixital.

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinos deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
  • Ensino universitario: Graos, Máster...

 COMO SOLICITALA?.

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. REXÍSTRATE.

Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.
  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

  • C

    on Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

3.ENCHE O FORMULARIO.

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es

DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO

Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

TELEFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

INFÓRMASE QUE:

 

Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.

 
Achégase o enlace para a información e inscripción das probas:
 

 

Axudas para formación en lingua estranxeira para bacharelato

A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato.

DOG - ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

>> O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a partir do 13 de febreiro de 2024.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior 2024

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no 2024.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no 2024.

prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D.

Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024.

Máis información no DOG do 8 de xaneiro de 2024 e en www.edu.xunta.es/fp 

INFORMACIÓN ALUMNADO. 1º ESO

TDAH

Fundación INGADA: material de axuda para persoas con TDAH.
 

ORIENTABOT

Presentamos ORIENTABOT, a túa guía de información xuvenil e orientación profesional.

(preme na imaxe)

TÉCNICAS DE ESTUDIO

Distribuir contido