O noso centro

Historia do centro

Aquí podes ler un artigo do profesor de Historia do IES Alfredo Brañas Xan Fraga na Voz de Galicia sobre a fundación do noso instituto, con motivo do 40 aniversario do centro. Podes acceder premendo aquí.

A criación do Instituto

A historia do Instituto de ensino medio para Carballo foi unha auténtica ucronía surrealista. Nos anos da II República (1931-36) os alcaldes Francisco Bolón e José Monteagudo, despois de diversas xestión en Madrid, practicamente o conseguiran cando a Guerra Civil (1936-39) truncou esas e outras esperanzas.

 

Inauguración do campo de fútbol do Instituto. Partido Bergantiños - Deportivo da Coruña, 1971
Anos máis tarde, concretamente no 1949, ó amparo do decreto de 29 de abril que outorgaba importantes subvencións, aprobouse un proxecto, do arquitecto Peregrín Estellés para a construción en Carballo dunha Escola Graduada, con catro graos mixtos, que ascendía á suma de 884.345 pesetas. Pasaría ó baúl das ucronías.

 

Alumnos e alumnas no curso 1970-1971

 

De novo no ano 1955, o Consello de Ministros aprobou a creación dun Instituto Laboral nun decreto do 2 de setembro publicado no BOE dese mesmo mes e ano. Outra ucronía. Cando se inaugurou a Caixa de Aforros en Carballo, o seu director comprometeuse no discurso que fixo, 3 de agosto de 1963, a ceder os terreos para a construción dun Instituto no castro do Chorís, así como unha biblioteca pública no seu local. A penas dous anos despois concretouse a doazón en escritura pública. Finalmente, e ó amparo dos "Planes de desarrollo" do opusdeísta López Rodó, o Consello de Ministros do 14 de agosto de 1968 aproba a creación duns Instituto mixto en terreos doados por diversos particulares e institucións, así como algunha compra. O orzamento tipo para a subhasta de obras sería de 18.119.173,05 pesetas.
Alumnos do Instituto de excursión en Santiago de Compostela. Ano 1972

 

Acabáronse as ucronías, mais foi demasiado tarde.¿Cantas xeracións de carballesas e carballeses deixaron de estudar ou non o fixeron nunca por falta de medios?. Carballo e comarca pagouno moi caro e aínda hoxe sufrimos as consecuencias. A inauguración do Instituto no curso 1970-71 foi recibida en Carballo e comarca como auga no deserto, como un faro nas tebras.
Patido de fútbol mestres-alumnos no curso 1988-89. Equipo dos mestres e achegados no campo da Agrela. Gañaron 5-4.

 

Os directores e directoras do Instituto:

Constantino Freire Llamas (1970-1974)
Adela Fernández Alea (1974-75)
José Antonio Iglesias Arias (1975-77)
José M. Pérez Fernández (1977-1979)
Juan A. Charro Fernández (1979-1983)
Josefina Lestón Tajes (1983-1984)
José Carballude Blanco (1984-1986)
Carlos Bande Cruz (1986-1988)
Frutos Fernández González (1988-1991)
Manuel Santos Ledo (1991-1994)
Constantino Álvarez Muíño (1994-1998)
Jose Antonio Viña Patiño (1998-2003)
Francisco Javier Dapena Castro (2003-2006)
Rafael Baliñas Pérez (2006-2007)
Francisco Javier Dapena Castro (2007-2008)
María Díaz Rama (2008-2010)
Mónica Mariño Callejo (2011-      )

 

 

Os Xefes e Xefas de Estudios do Instituto:

Luz Castaño Fernández (1970-71)
Antonio Djangren Areces (1971-72)
Manuel Casalderey García (1972-74)
María Sánchez Pose (1974-75)
Víctor Serantes Martínez-Rojas (1975-78, 1979-1984)
Avelino Abuín González (1978-1979)
Frutos Fernández González (1984-1985)
Olga Villarino Rodríguez (1985-1986)
Eduardo Pásaro Méndez (1986-1987)
Rodolfo Lema Prat (1987-1989)
José A. Viña Patiño (1989-1991)
Luís Mateo Sáez Abuín (1991-1994)
Mariano Pazos Afonso (1994-1999)
Francisco Javier Dapena Castro (1999-2003)
María José Martínez Rey (2003-2006)
Mª Salvadora Fernández Díez (2006-2007)
Angeles Novás Fernández (2007-2008)
Josefa Costa Amigo (2008-2009)
Mercedes Varela Barreiro (2009-2010)
Eva Santos Paz (2011-2014)
Antón Silveira (2015-      )

 

 

 

Evolución do alumnado e o profesorado do Instituto:

Curso

Alumnado Profesorado   Curso Alumnado Profesorado
1970-1971 426 29   2000-2001 838 78
1971-1972 480 31   2001-2002 792 72
1972-1973 639 29   2002-2003 740 72
1973-1974 533 28   2003-2004 689 68
1974-1975 398 32   2004-2005 638 69
1975-1976 642 37   2005-2006 596 68
1976-1977 633 39   2006-2007    
1977-1978 634 34   2007-2008    
1978-1979 697 39   2008-2009    
1979-1980 801 43   2009-2010    
1980-1981 773 42   2010-2011    
1981-1982 714 42   2011-2012    
1982-1983 724 43   2012-2013    
1983-1984 757 44   2013-2014    
1984-1985 840 51   2014-2015    
1985-1986 870 55   2015-2016    
1986-1987 991 56   2016-2017    
1987-1988 1092 64   2017-2018    
1988-1989 1189 68  

2018-2019

   
1989-1990 1191 68   2019-2020    
1990-1991 1221 71   2020-2021    
1991-1992 1225 72   2021-2022    
1992-1993 1295 73   2022-2023    
1993-1994 1218 72   2023-2024    
1994-1995 1100 73   2024-2025    
1995-1996 1043 71        
1996-1997 1030 66        
1997-1998 936 63        
1998-1999 1109 62        
1999-2000 1002 78        

 

Nota: hai que ter en conta cando se inauguran os outros dous Institutos de Carballo: en 1976 o de Formación Profesional, hoxe Monteneme e o Parga Pondal no curso 1993-1994. Así mesmo no curso1998-1999 o alumnado e profesorado do Primeiro ciclo da ESO pasan a depender organicamente do Centro.

 

Distribuir contido