Feira das profesións

 

O vindeiro xoves 4 de maio terá lugar a Feira das Profesións 2023 organizada polos departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira. Contaremos coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegarán ao noso alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.

 

O evento terá lugar no SUM e o horario é o seguinte:

  • De 10 a 14 horas asistirá o alumnado dos tres centros educativos.

  • De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que desexen asistir.

  • Ás 18:30 horas terá lugar o acto de clausura.

Agardámosvos en Ames.