Información para as familias

Normas de emprego dos ordenadores

Para o correcto funcionamento do proxecto E-Dixgal é importante seguir as seguintes normas:

  • O alumnado ten que transportar sempre o seu ordenador dentro do maletín.
  • Se unha alumna ou alumno quere deixar o ordenador na aula pode facelo sempre que o deixe no posto que se lle asigne no carro de carga.
  • Os ordenadores no centro só se poden cargar no carro de carga.
  • Todas as incidencias que se produzan teñen que ser de comunicadas á coordinadora E-Dixgal coa maior brevidade posible.
  • A coordinadora E-Dixgal estará dispoñible todos os recreos para a comunicación de incidencias. Tamén é posible facelo mediante unha mensaxe na plataforma EVA E-Dixgal ou cunha mensaxe no foro de comunicación de incidencias que se atopará na plataforma.
  • Se unha familia ten dúbidas sobre calquera aspecto do proxecto pode poñerse en contacto coa coordinadora E-DIXGAL (Ana Rodríguez) chamando ao instituto ou enviando un correo electrónico a tic.ies.ames@edu.xunta.gal.

Información E-DIXGAl para as familias

Prema na imaxe para acceder á información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal do Espazo Abalar.

 

Folleto informativo para as familias - Curso 2023-2024 (PDF)

Distribuir contido