Taboleiro

Bolsas e axudas ao alumnado de niveis postobligatorios

O prazo para solicitar bolsas no curso 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobligatorios é do 30 de marzo ao 12 de maio. A solicitude deberase cumptimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

 

Aspectos IMPORTANTES a ter en conta:

  • Todo o mundo deberá solicitar a bolsa neste periodo, independientemente de que non saiba aínda o que vai estudar. Fóra deste periodo non haberá posibilidade de pedir beca.
  • Nesta primeira fase, só se cubrirán os datos persoais e económicos (só estarán habilitados estes apartados).
  • Moi importante: utilizar un correo electrónico que estea activo e saibades a contraseña, xa que  todos os avisos e notificacións referidos á bolsa se vos enviarán a el.
  • No mes de agosto abrirase un novo periodo (uns 10 días) nos que cubriredes os datos académicos e tamén teredes a posibilidade de modificar algúns datos cubertos no periodo anterior.

Toda a información:

 

 



PROCEDEMENTO

 

1. Rexistrarse como usuario na SEDE ELECTRÓNICA: 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707


2
. Encher o FORMULARIO e ENVIAR.

 

 

Podedes atopar máis información na seguinte ligazón: Extracto da Resolución de 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o  curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios.

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Convocáronse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Toda a información podedes atopala nesta ligazón ao DOG ou no documento adxunto.

Probas acceso a ciclos

Abriuse o prazo de presentación de  solicitudes para realizar as probas de acceso a ciclos de grao superior. Será entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022. 

Podedes atopar toda a información sobre as probas de acceso  aos ciclos de grao medio e superior no documento adxunto.

Feira das profesións 2024

Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024  o xoves 4 de Abril  no pavillón polideportivo de Brión

O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.

 
No horario de mañá asistirá o alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC acompañado por profesorado do centro.
 
No horario de tarde poderá acudir todo o alumnado e familias dos tres centros e contorna.
 
Podedes consultar todos os participantes e colaboradores da Feira no seguinte enlace:
 
 
 

Esperámosvos o xoves pola tarde.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Nesta resolución acredítanse os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

  1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
  4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
  5. A proba será en formato online e  constará de 60 preguntas (12 por área) que se terán que responder no prazo máximo de 90 minutos.
  6. Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
  7. Demo da proba de acreditación.

Acreditación do alumnado de bacharelato

  1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  2. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a  proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. Para isto empregará este modelo.
  3. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
  4. A proba será en formato online e constará de 12 preguntas que se terán que responder nun tempo máximo de 20 minutos.
  5. Para superar esta proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 60% do total de preguntas.
  6. Demo da proba de acreditación.

Os requisitos para presentarse á proba son:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse no instituto consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o 19 de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

 

Para solicitar a participación teredes que cubrir o formulario de inscrición e entregalo en Xefatura de Estudos (podedes recoller o formulario en Xefatura de Estudos). O prazo remata o día 15 de marzo ás 14:00.

 

Día 8 de marzo

Carteis para o día 8 de marzo realizados por Marta e Xosé na materia de intelixencia artificial.

Samaín

Desde o EDNL do instituto queremos dar as grazas á participación masiva no concurso de epitafios organizado ao redor da celebración do Samaín.
Semella que o Máis Aló estivo ben creativo tanto para crear os seus textos lapidarios como para deseñar esas tumbas, algo que nos permitiu crear ese ambiente sepulcral que nos recibía á entrada do centro estas mañás.

Unha gran parte do mérito, ademais das nosas “defuntas” e “defuntos” foran os departamentos de Plástica e Lingua Galega, que dedicaran parte das súas aulas a colaborar coa actividade.

 

A nosa felicitación especial ás gañadoras do concurso :

  • 1ºPREMIO LÁPIDA+EPITAFIO

Noa Blanco Noya 1ºESO G

  • 2ºPREMIO LÁPIDA+EPITAFIO

Sara Romero Vico 2º ESO F

  • 1ºPREMIO EPITAFIO

Carolina Guerra García 2º ESO G

 

ESPERAMOS CON IMPACIENCIA AS CREACIÓNS DA VINDEIRA EDICIÓN

 


 
 
   

Que diría o teu epitafio?

 

 

Programas de estancias de inmersión lingüística

Adxúntase información chegada ó Centro sobre programas de estancias de inmersión lingüística

Para máis información dirixirse a Vicedirección

Resumen Short Stay <PDF>

Presentación inmersión 2022-23 <PDF>

Distribuir contido