Visita a GaliciaSkills 2023

O día 27 de outubro o alumnado do segundo curso de FP Básica de Informática, xunto co alumnado do primeiro curso do Ciclo Medio de Informática, visitaron Galicia Skills.

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Todos disfrutamos da visita e, especialmente os alumnos de FPB, descubriron novas familias profesionais das que se cadra comezarán a formar parte o vindeiro curso.

Resumo de prensa.