Club de ciencia

O Club de Ciencia do IES de Ames creouse no curso 22/23 por un grupo de profesores e profesoras de distintas especialidades co obxetivo de despertar vocacións científicas no alumnado, promover a participación e o interese pola ciencia, concienciar e involucrar ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolver unha aprendizaxe colaborativa e inclusiva e proporcionar un espazo onde desenvolver a creatividade.
Este Club actúa os xoves alternos de 16:30 a 18:30.
Para este curso 23/24 as datas do terceiro trimestre serán as que seguen: 04/04; 11/04; 18/04;02/05; 23/05; 30/05 e 13/06.