Admisión alumnado curso 2023-2024

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar unha praza para o vindeiro curso académico, nun centro distinto ao que está matriculado o/a alumno/a (Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro) .
As solicitudes poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias (ED550B).
Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
O alumnado matriculado neste centro que queira continuar nel os seus estudos non ten que facer ningún trámite ata o prazo de matrícula (do 23 de xuño ao 7 de xullo).
Máis información no taboleiro de secretaría ou chamando ao teléfono 881 866 729.

Admision 2023-24 <PDF>

Vacantes 2023-24 <PDF>

AdxuntoTamaño
admision_2023_24.pdf406.21 KB
vacantes_2023_24.pdf377.72 KB