Skip to Content

Taboleiro

Bo Nadal!

Dende o IES As Telleiras desexámoslles

bo Nadal e Feliz ano 2020!

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS SETEMBRO

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS

SETEMBRO 2019

MÉRCORES 4 DE SETEMBRO

  • 2º Bacharelato (adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º Bacharelato (diúrno e adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º e 2º da ESO: ás 16:30 h na aula do curso.
  • 3º e 4º da ESO: ás 17:30 h na aula do curso.
  • ESA: ás 11:30 h na aula do curso.
  • FP Básica: ás 11:30 h na aula do curso.

 

IMPORTANTE: o alumnado pendente da devolución de libros pode facelo na Biblioteca do Centro dende o 2 de setembro ata o día 4 de setembro á hora da entrega de boletíns de notas.

STEMWEEK 2019

 ANAGRAMA STEM    

Publicadas as listaxes correspondentes ao establecido no artigo 17.1 da Orde do 4 de abril de 2019 (DOG do 24 de abril) pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Acceso á publicación:

https://www.edu.xunta.es/axudasst/

Prazos reclamación ás cualificacións: Convocatoria Ordinaria Xuño 2019

 

1º BACHARELATO e ESO

 

Revisións de exames:

 

 ~ Entrega de solicitudes: mércores 26 de Xuño de 11:30 – 12:00 horas.

 Os impresos recóllense e entréganse na conserxaría.

 

 ~ O mércores 26 de Xuño ás 12:00 horas o profesorado fixará hora e lugar para as revisións co alumnado que o solicite.

 

 ~ Atención ás solicitudes de revisión de exames presentadas polo alumnado por parte do profesorado: Mércores 26 de xuño de 12:00 a 12:00 h.

 

Reclamacións:

 

 ~ Presentación de solicitudes: Xoves 27 e Venres 28 de xuño de 09:00 a 14:00 horas.

O modelo de instancia recóllese e entrégase na Secretaría.

 

~ Comunicación, por parte da Xefatura de Estudos, da decisión do Departamento aos alumnos e familias: Luns 1 de Xullo ás 13:00 horas.

 

~ Finalización do prazo para presentar a solicitude de reclamación ante Xefatura Territorial: Mércores 3 de Xullo ás 14:00 horas.

 

 

Máis información:

Artigo 38 da Orde ECD/1361/2015, do 3 de xullo, pola que se establece o currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e se regula a súa implantación, así como a avaliación continua e determinados aspectos organizativos das etapas. (BOE do 9 de xullo de 2015)

 

 

 

 

Reclamacións 2º Bacharelato. Convocatoria Extraordinaria - Xuño 2019

Segundo a Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.

O prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o Martes 25 de xuño ata as 14:00 horas do Mércores 26 de xuño de 2019.

As instancias pódense recoller na Secretaría do centro.

Ás 13:00 horas do Xoves 27 de xuño notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e/ou representantes legais.

O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Venres 28 de xuño de 2019 ás 14:00 h.

 Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL:

http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato

 

A Dirección do IES As Telleiras

 

 

Información de interese

Neste espazo iranse subindo as novas e as informacións xerais que se consideren de interese.

O primeiro que poñemos á vosa disposición é o calendario escolar do curso 2018-19. Click na imaxe:

Neste enlace tedes o calendario de festividades.

 Ademáis dos festivos sinalados no calendario, non haberá clase o 18 de marzo, por ser o día de libre disposición elixido polo centro, e o 19 de marzo por ser festivo autonómico.

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras: Listaxes definitivas

Na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasle pódense consultar as listaxes definitivas de seleccionados/as e suplentes, ordenados por puntuación, correspondentes ao disposto no 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 (DOG do 20/02/2019)

Pode consultar as listaxes clickando no curso correspondente:

ESO 1      ESO 2      ESO 3      ESO 4

BAC 1      BAC 2

Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda (Aneso III da Orde da convocatoria).

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado da solicitude" da páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

  • Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.
  • A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.

 

 

 

 

    

Fondo solidario Libros de texto e axudas para material escolar

Curso 2019 - 2020

Prazos da convocatoria do fondo de libros de texto

e axudas para material escolar

Presentación de solicitudes do alumnado da ESO no centro ou na sede electrónica.
 
Ata o 21 de xuño de 2019  inclusive
Presentación de solicitudes do alumnado de 4º da ESO e que non o solicitara no prazo anterior.
  Un mes a partir da matrícula no centro.
Devolución dos libros do curso 2018/2019 (agás as materias pendentes).   Ata o 26 de xuño de 2019 inclusive.
Devolución dos libros das materias pendentes do curso 2018/2019.   Ata o 6 de setembro de 2019 inclusive.
Publicación das listaxes provisionais.
  A partir do 11 de xullo de 2019.
Reclamación ás listaxes provisionais.   Nos 2 días seguintes á publicación das mesmas.
Publicación das listaxes definitivas.   A partir do 13 de setembro de 2019.
Entrega dos novos libros ao alumnado.
  A partir do 16 de setembro e antes do 27 de setembro de 2019.
Emenda de erros detectados nos vales de material   Dez días desde que recibe o vale.
Uso dos vales de nas librarías.
  Ata o 4 de abril de 2020 inclusive.

Premios extraordinarios Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

 

No Diario Oficial de Galicia do Mércores 29 de maio de 2019 saíu publicada a Orde de 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Pode presentarse a estes premios o alumnado que:

  • Cursara 4º ESO no ano académico 2018/2019.

  • Fora proposto para a expedición do Título de ESO.

  • Obtivera no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 6 de xuño ao 5 de xullo de 2019.

Data de celebración da proba: 5 de setembro de 2019.

Máis información na páxina web da Consellería. URL: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27957

No seguinte Link poden acceder a toda información, así como ao modelo de solicitude a presentar

Inicio do curso 2019 - 2020

 

ACTIVIDADES INICIO CURSO

2019-2020 (ESO E BACHARELATO)

 

O inicio das clases será o vindeiro luns 16 de setembro, de 8:30 h ás 14:10 h.

O alumnado dirixirase aos seguintes espazos segundo o nivel:

  •  1º e 2º de ESO no salón de actos.
  •  3º e 4º da ESO no vestíbulo do edificio principal.
  •  1º e 2º de Bacharelato no vestíbulo do edificio de Bacharelato.

 

IMPORTANTE:

O luns 16 de setembro haberá

TRANSPORTE ESCOLAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut