Skip to Content

blogue deraquel.diaz

RECOLLIDA ORDENADORES E-DIXGAL 4º ESO

 

Convócase ás/aos nais/pais/titores legais do alumnado de 4º ESO a unha reunión  o vindeiro mércores 22 de xuño na biblioteca para devolver os ordenadores E-Dixgal.

 

Deberán devolver o ordenador en perfecto estado e con todos os accesorios tal e como foi prestado (funda, caixa, lapis, cargador....). As/os nais/pais/titores legais deberán asinar o documento de devolución.

 

  Horario:

 

    4º ESO A 16:30

    4º ESO B 17:00

    4º ESO C 17:30

GRADUACIÓN IES AS TELLEIRAS

PARABÉNS A TOD@S

Campeonatos escolares 2021/2022 SUPERT

UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS

O alumnado do IES As Telleiras participante nas probas de nivel lingüístico para a acreditación da competencia en lingua inglesa segundo regula o  Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL) ven de obter un enorme éxito, do que nos sentimos moi orgullosos.

 

Presentáronse 67 alumnos do segundo ciclo da E.S.O. e dos dous cursos de bacharelato ao abeiro da Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e foron quen de certificar os niveis B1, B2 e C1.

 

Dito alumnado foi coordinado e orientado polo profesorado do departamento de inglés ao que tamén queremos agradecerlle a súa profesionalidade e dedicación.

 

Xa agardamos pola convocatoria deste ano na que esperamos ser seleccionados para continuar nesta senda de innovación e de mellora da competencia lingüística en lingua inglesa do noso benquerido alumnado.

 

Parabéns para todos os participantes!!!!

 

FIRST LEGO LEAGUE

        

O equipo do IES As Telleiras chamado CTRL+T, participará o sábado cinco de Marzo a partir das dez da mañá no auditorio de Ferrol no concurso de ciencia e robótica First Lego League. Nesta edición “Cargo Connect”, a temática vai sobre o transporte mundial. O equipo do noso centro equipo está formado por dez rapazas e rapaces do IES de segundo e cuarto da ESO, este ano e os dous próximos estamos becados pola asocianción para a promoción da muller na ciencia e na enxeniería “Ingeniera Soy”

Intentaremos dar o mellor de nos e acadar os nosos obxectivos do mellor xeito posible, anímamovos a seguir a nosa participación.

Debido os problemas de aforo agravados polo COVID e a grande participación, non haberá acceso o público, aínda así o concurso pode seguirse por vídeo en streaming no seguinte enlace 

                     First Lego League     

 

 

ENTROIDO NO IES AS TELLEIRAS

Carteis realizados polo alumnado de 4º ESO A de TIC

Distribuir contido


by Dr. Radut