Skip to Content

Distribución de máscaras

 


Distribución de máscaras para o alumnado


 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (DOG nº 218 do venres, 12 de novembro de 2021):


Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. Aquel alumnado que por diversas circunstancias non fose beneficiarios para adquirir material escolar poderá solicitalo se cumpre os requisitos establecidos na orde:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Prazo de presentación de solicitudes no centro: do 15 ao 29 de novembro.

 

A Dirección



blog | by Dr. Radut