Skip to Content

ST. PATRICK'S DAY 2021 no IES AS TELLEIRAS

ST. PATRICK'S DAY 2021

 

"The IES TELLEIRAS is IRISH ON St. PATRICK'S DAY"

 

O noso IES celebrou hoxe o día nacional de Irlanda, "St. Patrick's Day".

 

Tarefa do noso alumnado de 1º E.S.O.

 

O noso estupendo alumnado realizou distintas actividades formativas e de investigación nas clases de inglés nas que descubriu a orixe da festividade, as tradicións asociadas a este día, o folclore, a música, a literatura e moitos outros contidos relacionados coa cultura irlandesa.

 

 

Tarefa do noso alumnado de 1º E.S.O.

 

Houbo tempo tamén para degustar respectando as medidas derivadas do protocolo COVID-19 unha deliciosa "Guinness Chocolate Cake" elaborada con moito cariño pola xefa do departamento, Mercedes Rodríguez.

 

Guinness chocolate cake 2021!

 

E non podía faltar o bo humor nun día como o de hoxe. Os membros do departamento fixeron unha paradiña no seu horario para celebrar a festividade como mandan os cánones:

 

Staff 2021

 

 

Deixámosvos cun dito e un desexo popular irlandés:

 

Irish Blessing

 

"May your troubles be less, and your blessings be more, and nothing but happiness come through your door."

 

 

 

 



 

 



blog | by Dr. Radut