Skip to Content

"2021 WORLD BOOK DAY " ("Día do Libro")

"2021 WORLD BOOK DAY " ("Día do Libro") 

 

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nun día como o de hoxe do ano 1616 faleceron William Shakespeare, Miguel de Cervantes e o Inca Garcilaso de la Vega. A mesma data viu nacer ou falecer tamén a figuras prominentes da literatura universal como Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.

  

O “World Book Day” (Día do Libro) creouno a UNESCO no ano 1995 para celebrar a festa dos libros, a dos seus autores e fomentar que a xuventude descubra o pracer da lectura.

 

                                          IMAGE (Source): UNESCO

 

Un día como o de hoxe cambia vidas a través do amor polos libros e a lectura compartida. É unha celebración universal que chega a máis de cen países en todo o planeta.

  

No ano 1923 os libreiros de Cataluña unificaron por primeira vez a homenaxe ao mundo dos libros na data do 23 de abril. Vicente Claver Andrés, escritor valenciano, considerou que se  debía honrar a figura de Miguel de Cervantes Saavedra.

E así ata hoxe!

 

Para conmemorar esta efeméride, nos distintos grupos do noso centro traballamos a competencia lectora con  actividades variadas e disfrutando da lectura de distintos tipos de textos escritos.

 

Como despedida a un día sinalado na vida do noso IES, deixámosvos unhas imaxes do profesorado deste departamento acompañado dun libro: unha arma de construcción masiva.

                 OLIVIA FIGUEIRA: "Purple Hibiscus" ("La Flor Púrpura"), Chimamanda Ngozi.

 

 

                 ANA PENA: "World without end("Un mundo sin fin"), Ken Follet.

 

 

                       ANDRÉS VIZOSO: "Rad Women Worldwide" ("Mujeres Geniales"), Kate Scatz.

 

E para rematar esta serie, un clásico da literatura norteamericana:

 

 

                          MERCEDES RODRÍGUEZ: "The Catcher in the Rye("El Guardián entre el centeno"), J.D. Salinger.

 

E pechamos este post cunha cita:

 

A reader lives a thousand lives before he dies . . . The man who never reads lives only one.” – George R.R. Martin.

 

 



blog | by Dr. Radut