Skip to Content

Equipamento E-DIXGAL


Información para as familias

Equipamento E-DIXGAL


 
Estimadas familias:
 
Como vostedes saben, durante o presente curso 2020-21, o/a seu/súa fillo/a estivo matriculado/a nun centro que participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.
A dirección do proxecto informa que se o alumnado continúa no mesmo centro cursando materias E-Dixgal no vindeiro curso 2021-22, poderá dispor do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose o vindeiro curso co material en perfectas condicións.
O alumnado que para o vindeiro curso 2021-22 cambie de centro deberá entregar obrigatoriamente o equipo no centro educativo que llo asignou de acordo co seguinte:

No caso de ensino secundario obrigatorio, estableceranse dous prazos diferenciados de entrega en función da superación ou non de todas as materias E-Dixgal cursadas:

25 de xuño para o alumnado que supera todas as materias E-Dixgal na convocatoria de xuño.
7 de setembro para o alumnado con materias E-Dixgal pendentes para a convocatoria de setembro e que por tanto precisa do equipo durante o verán.
Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) nas datas indicadas.
As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.

 

Atentamente, a Dirección



blog | by Dr. Radut