Evitar navegación.
Principal

Avisos

AVISO - CONCURSO BOOKFACE 2021

AMPLÍASE o prazo para concursar ata o domingo día 2 de maio ás 20:00 horas

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR 2020-2021

A Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está a realizar unha enquisa sobre a convivencia escolar entre todos os membros da comunidade educativa.

A dirección encargarase de xerar as claves de acceso para todos os membros da comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes.

Os destinatarios poden acceder ao cuestionario, coas claves aleatorias que se lles asinen, a través da aplicación convivenciaxestion nos seguintes links:

Alumnado BACHARELATO

    Alumnado ESO   

 

Familias

   

Persoal non docente

 

Profesorado

Con tal motivo enviarase ás casas das familias, a través do alumnado,a carta remitida pola Consellería con todas as indicacións oportunas, e recibirán un aviso sobre a dispoñibilidade da enquisa a través de Abalar móvil.

O alumnado de ESO realizaran a enquisa no centro.

O prazo remata o 29 de abril.

CRIBADO DE POBOACIÓN ADOLESCENTE DE 12 A 17 ANOS

 

Comunicámoslles que a Consellería de Sanidade, o SERGAS, e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña realizan, dende o 19 de abril, un cribado entre a poboación adolescente de 12 a 17 anos para a detección do COVID-19. O grupo ao que vai dirixido son cidadáns desta franxa de idade que: 

1) non tivesen resultado positivo en COVID-19 no últimos tres meses

2) Actualmente non son contactos de seguimento COVID-19

3) Non realizasen unha PCR no últimos quince días

4) non presenten síntomas de estar a padecer a enfermidade.

As farmacias de cada municipio colaborarán con esta campaña dispensando os kits de auto recollida de mostra en saliva, informando tamén sobre como realizar a toma da mostra, e como proceder para a súa posterior avaliación e resultado.

O obxectivo é a detección de casos COVID-19 en persoas que non manifestan síntomas ou estes son  inapreciables.

As farmacias adheridas colocarán un cartel da campaña en lugar visible para favorecer a identificación por parte da poboación.

Culleredo está incluída na zona de  cribado. Por tanto as persoas que estean dentro dos requisitos establecidos poderán dirixirse á farmacia máis próxima adherida á campaña e solicitar gratuitamente o cribado.

No seguinte link pódese acceder  ás FARMACIAS participantes

AVISO ADMISIÓN CURSO 2021-2022 - Listaxes provisionais de admitidos

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos no taboleiro de anuncios do centro dende hoxe, 14 de abril de 2021

Presentación Interactiva Probas acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio 2021.

A continuación adxúntovos un link no que podedes obter toda a información necesaria para o acceso a Ciclos de Grao Medio.

CLICK AQUÍ!

Suspendidas as probas de aptitudes para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte curso 2021/2022

A UDC e a UVIGO, publicaron unha resolución rectoral na que se informa de que as probas de aptitudes para o acceso ao grao quedan suspendidas aos efectos de admisión no curso 2021-2022 a causa do COVID.

SAN VALENTÍN 2021

 
    
PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR
Distribuir contenido