Evitar navegación.
Principal

Avisos

ACTUALIZACIÓN DATOS COVID

Neste momento Sanidade confírmanos un novo caso positivo. Considérase que o contaxio produciuse fóra do centro polo que non recibimos instrucións para adoptar medidas concretas. Para coñecer a situación actualizada dos centros educativos galegos en canto á incidencia do COVID19, poden consultar a seguinte ligazón

UN CLIC PARA EL COLE

Compra como sempre,  Amazon doará o 2,5% do teu gasto ao centro educativo que ti elixas en forma de crédito virtual sen custo algún para ti.

É moi sinxelo:

Visita

Elixe o noso centro

Inicia sesión coma sempre e fai a túa compra!!

APERTURA BIBLIOTECA

A partir de hoxe luns 5 de outubro de 2020, a biblioteca estará aberta nos recreos para servico de préstamos.
Toda a información sobre normas e horarios está no noso blog".

HORARIOS GRUPOS

Xa se poden consultar os horarios por grupos no bloque "Alumnado", na columna da esquerda, menú "Horario de grupos" e pinchando no grupo correspondente.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

HORARIO CURSO 2020-2021

A partir do 28 de setembro as clases impartiranse no seu horario habitual, de 08:30 a 14:10 pola mañá, e os luns pola tarde de 16:20 a 18:00.

Funcionará o transporte escolar e o comedor subvencionado pola Xunta.

NOVOS AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21

1. Solicitude cambio de grupo :

As solicitudes de cambios de grupo, tal e como temos establecido ao longo de estes pasados cursos, debe facerse entre os días 5 e 9 de outubro.

A solicitude debe facerse mediante correo electrónico argumentando os motivos, co fin de dar tempo aos seus fillos a adaptarse á nova situación.

 

2. Indicacións xerais para empezar o curso:

•O alumnado debe acudir ao centro cunha máscara correctamente colocada e unha de reposto. Tamén deben traer unha caixa de panos desbotables e xel hidroalcohólico para o seu uso persoal.

•O alumnado debe vir a clase provisto de todo o seu material escolar, rotulado cos seus datos,  xa que non se pode compartir material con ningún compañeiro.

•Deberá traer a declaración responsable de autoavaliación diaria, asinada pola familia, o primeiro día de clase co titor despois da presentación.

•Deberá traer o carné escolar (ou unha foto cos seus datos: nome, apelidos, curso e grupo) para entregar ao titor e así actualizar dito carné para o presente curso 2020-2021

•Non poden quedarse a comer no centro os luns ao mediodía a non ser que sexan usuarios do comedor escolar.

•De momento non funciona a cafetería do centro polo que deben traer auga e/ou merenda se o consideran oportuno.

 

NON SE PODE ACUDIR AO CENTRO CON SINTOMAS COVID: máis de 37.5 de febre, tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de gusto e/ou olfacto, diarrea

INFORMACIÓN PRESENTACIÓNS 2020-21

Dende AQUÍ poden acceder a máis información sobre as presentacíons do curso 2020-21

COMUNICADO ÁS FAMILIAS - INICIO DE CURSO 2020-21

Dende AQUÍ poden acceder á nova información do comezo de curso 2020-21

RECOLLIDA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/2021

A recollida de libros de 4º ESO farase o luns 21 de setembro do seguinte xeito:

Ás 10:00 horas: alumnado co apelido do A ao G

Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do H ao P

Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do R ao S

Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do T ao Z

 

TODO o alumnado que non puido vir nas datas especificadas, poden vir recoller os libros de texto o luns 21 de setembro ás 12:00 horas

Distribuir contenido