Evitar navegación.
Principal

P. Vida Activa

Proxecto de Vida Activa e Saudable

ROTEIRO PENEDOS DE PASARELA - TRABA CON 1º BACHARELATO

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos o ROTEIRO Xeográfico-Xeolóxico polos Penedos de Pasarela-Traba acompañados de profesorado dos departamentos de Educación Física, Xeografía-Historia e Bioloxía-Xeoloxía. O bo tempo permitiu gozar da beleza e grandiosidade deste monumento natural.

Grazas a todos/as por acercarnos a lugares tan espectaculares, natureza en Galicia!!

LIGA INTERNA DE FÚTSAL 3º ESO

E por fin chega a nosa LIGA INTERNA DE FÚTSAL, os de 3º ESO estaremos durante o 3º trimestre desfrutando nos recreos dunha sana competición, para todo isto contamos coa axuda organizativa de varios departamentos, así como un nomeamento particular a Raúl Sar e Brais Carrillo de 3º D, os cales levaron o seguimento da competición en resultados, de cara á clasificación final.

Tamén contamos cos árbitros xa formados neste curso, grazas ao Comité de Árbitros (Rubén Eiriz) e a Concello de Culleredo.

Toca gozar nos recreos activos co que máis nos gusta!!

 

CARNE CULTIVADA E AZÚCARES NA ALIMENTACIÓN

Ao longo do 3º trimestre na materia de BIOLOXÍA E XEOLOXÍA o alumnado de 1º ESO estivemos investigando os prexuizos da carne artificial/cultivada, a cantidade de azucre nos alimentos, e elaboramos a pirámide de alimentos co obxectivo de fomentar un consumo máis saudable, incidindo nos beneficios de froitas e verduras en comparación aos ultraprocesados.

ROTEIRO SEIXO BRANCO E FÁBRICA DE SARGADELOS

O 24 de abril o alumnado de 3º ESO, realizamos unha saída a través dun traballo interdisciplinar das materias de Bioloxía, EPVA e Educación Física, na que ampliamos contidos sobre o que estábamos traballando coas diferentes materias. 

A saída consistía na visita á Fábrica de Sargadelos e deseguida o Roteiro do Seixo Branco, o cal nos mostrou  unhas paisaxes incribles. Ademais realizar este tipo de actividades podemos dicir que ten grandes beneficios: mellora o estado de ánimo e combate a tensión, a ansiedade, depresión. Ademais de conectar coa natureza é algo que nos achega enerxía. 

Ademais puxemos en práctica a App WIKILOC  que traballamos en Ed. Física para o seguemento de roteiros, gravación dos mesmo, e así poder compartir cos amigos e familiares lugares que merecen a pena visitar. 

Grazas por organizar estas actividades con grandes ensinanzas para a mellora dunha vida máis saudable!!

ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON FROITAS E VERDURAS DE TEMPADA - 3º ESO

No mes de marzo o alumando de ESO, na materia de Bioloxía, puidemos comprobar  FROITAS E VERDURAS de tempada. Comprobamos que os beneficios eran múltiples: axuda a reducir o impacto ambiental (minimizando as emisións de CO2), respecta o ciclo natural da produción, minimiza o desperdicio doméstico das froitas e verduras…

Por outro lado, podemos ver como estamos traballando sobre unha ALIMENTACIÓN SAUDABLE, xa que istos alimentos teñen grandes vantaxes: teñen máis sabor e nutrientes, máis ecolóxicas para o noso sistema,  axuda a previr enfermidades…

CLUB ESGRIMA CORUÑA NO IES EBA

Ao longo do mes de marzo tivemos a posibilidade de coñecer un novo deporte “A ESGRIMA”, grazas ao Club Coruña, o cal estivo dando a coñecer este deporte en todos os cursos dende 1º ESO ata 1ª BAC.

A esgrima trae consigo grandes beneficios: mellora da forma física e o desenvolvemento psicomotor en xeral (forza, velocidade, coordinación, flexibilidade, resistencia). Ademais de ser un deporte no que se fomenta o respecto dentro e fóra de competición, a disciplina… e moitos valores máis que nos ensinaron os grandes profesionais que viñeron ao centro.

Moitas grazas CLUB ESGRIMA CORUÑA!

 

FINAL DA LIGA INTERNA DE FÚTSAL DE 1º E 2º ESO

O 28 de marzo chegou a tan esperada FINAL da liga interna de FÚTSAL de 1º e 2º ESO, os finalistas desfrutamos deste momento tan especial, pero tamén vimos como os espectadores estaban gozando, dando ánimos e axudando a que entre todos/as nos respectamos tanto dentro como fóra do campo.

Dar as grazas dunha forma especial aos árbitros/as que se formaron este curso, para que todo fora máis fácil!!

Moitas grazas por esta final, e sobre todo ao profesorado colaborador, que o fixeron dunha forma interdisciplinar!! 

 

VISITA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA CONTORNO - 1º DE BACHARELATO

No mes de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de visitar o Complexo deportivo de Acea Da Ama, co obxectivo de poder ver instalacións deportivas que ofrece a nosa contorna para mellorar a saúde de todos/as. Por outro lado, como toda actividade complementaria amplía os contidos da materia de Educación Física en "adestramento persoal", polo que tivemos unha sesión de adestramento na zona do ximnasio.

Moitas grazas ao Complexo de Acea da Ama por abrirnos a porta cara a unha vida activa!!

VISITAS Á RESIDENCIA DE MAIORES DO PORTAZGO

O 9 de marzo fomos os rapaces de 2ºESO C quen compartimos cos maiores da Residencia de O Portazgo xogos e risas. Ademais leváronnos de agasallo uns marca páxinas feitas por eles. Fixéronos xuntos corazóns de papiroflexia, xogamos ao bingo, á oca e ao parchís. Rematou a actividade co profesor de música, Lucas, tocando o piano e cantando todos xuntos A Rianxeira. Foi unha estupenda experiencia.

E o luns 20 de marzo fomos o grupo de 3º ESO E ilusionados a pasar unha tarde con eles, onde puidemos seguir xogando con eles. A nosa experiencia resultou ser inesquecible, e expresámoslles que volveríamos a compartir istos momentos únicos para eles e para nós.

Moitas grazas ao persoal e os residentes pola gran acollida que tivemos este ano!!

No seguinte enlace poderedes apreciar as imaxes:

Pincha aquí

VISITA CASTRO DE ELVIÑA CON 1º ESO

A semana do 13 ao 16 de marzo, o alumnado de 1º ESO tivemos a oportunidade de facer unha visita ao Castro de Elviña, os cales nos organizamos en diferentes días por grupos. Grazas a esta saída, agora podemos levar a familiares, amigos e explicarlle un pouco máis deste poblado.

E como non pode faltar a actividade física nos nosos días, podemos facer unha ruta camiñando ata o Castro.

Moitas grazas ao profesorado implicado!!!

Distribuir contenido