P. Vida Activa
CAMIÑANTES ACTIVOS
Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 1º ESO realizamos unhas xornadas no CENTRO de DÍA DO BURGO (Plan de Centro Aprendizaxe - Servizo), e aproveitando a actividade na que fixemos de reporteiros, tamén tivemos a oportunidades de promover a vida saudable ... cómo? camiñando ata o centro, promovendo os desprazamentos activos, os cales proporcionan beneficios a nivel físico e social, ademais de económicos e ambientáis.
DO IES Á NATUREZA !!
O 18 de Outubro o alumnado de 4º ESO saímos á natureza, un gran traballo interdisciplinar entre o profesorado, agradecendo o "programa para unha transición ecolóxica" do CEIDA. Realizamos un percorrido de senderismo no espazo natural das Fragas do Eume, onde tivemos unhas imaxes espectaculares grazas as cores de outono e rematando cunha visita guiada ao Medieval Mosteiro de Caaveiro.
Aprendemos a gozar do sendeirismo xuntos e con seguridade!!
RECREOS ACTIVOS
Unha oportunidade para movernos, gozar coas compañeiras e compañeiros, e ao mesmo tempo coidando da nosa saúde.
Comezamos cos RECREOS ACTIVOS no mes de OUTUBRO, onde animamos a participar a todo alumnado, co obxectivo de aumentar práctica deportiva neste tempo. Os deportes practicados teñen unha proposta para o segundo trimestre as ¡¡LIGAS INTERNAS!! deste curso 2022/2023. Os espazos que habilitamos son; pavillón cuberto para a práctica do voleibol, pista exterior para fútbol e baloncesto, zonas alternativas no patio e tamén a zona para a práctica do tenis de mesa, ademais este ano presentamos o novo xoguete futbolín (alternativa moi adaptable para o alumnado lesionado, exento de parte práctica ...)
Agradecer a colaboración do profesorado e alumnado que fai posible a organización.
XORNADAS DE CONVIVENCIA
O luns 19 de Setembro, co inicio de curso, tivemos unha xornada de convivencia, todo o alumnado de 1º de ESO, acompañados polos titores e profesores/as colaboradores/as. Na cal gozamos dun gran día, grazas as diferentes actividades deportivas propostas ¡O DEPORTE COMO AXENTE SOCIALIZADOR!
IESEBA EN MOVEMENTO
Damos comezo co PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA NO CENTRO EDUCATIVO, o cal ten uns obxectivos claros para este curso:
- Aumentar a práctica deportiva do alumnado tanto dentro como fóra do centro educativo.
- Mellorar a saúde nos diferentes niveis: física, psicolóxica e social.
- Crear hábitos de vida saudable: deportiva, alimentación equilibrada ...
Polo que neste apartado informaremos tanto ao alumnado, docentes e familiares, dos diferentes contidos en relación cos hábitos de vida activa e saudable que levaremos a cabo no proxecto, realizando un traballo interdisciplinar cos diferentes departamento colaboradores.