Skip to Content

ANPA

FONDO DE LIBROS E MATERIAL

A partir do día 15 de xullo estará publicado no taboleiro de anuncios do IES Canido a listaxe provisional do fondo de libros. Aqueles alumnos que teñan materias pendentes terán dereito aos libros correspondentes unha vez fagan a devolución.

O cheque de material así como a entrega dos libros realizarase no mes de setembro.

 

 

 

 

FASE DE PRESTAMO DE LIBROS EN SETEMBRO

FASE DE PRESTAMO DE LIBROS EN SETEMBRO PARA AQUELES QUE ENTREGARAN A FOLLA DE COMPROMISO. Os/as alumn@ deberan entregar os libros que desexen doar o venres dia 7 de setembro no local da ANPA en horario11:00 a 13:00 horas. Dende o dia 10 ata o dia 14 de setembro no local da ANPA de 11:00 a 13:00 horas repartiranse libros aos alumnos que non os recolleran en xuño e aos que deixaron asignaturas pendentes, dado que en setembro estase a doar mais libros. E importante que os alumnos que repitan cursoe entregaran a folla de compromiso nolo comuniquen o venres dia 7 para poder dispor dos libros que tiñan reservados.

Un saudo.

A Xunta directiva.


Campaña de doazón de libros de texto curso 2012-2013

Nos dous ficheros adxuntos, encontraredes información e a folla de compromiso de participación na campaña de doazón de libros de texto. Lembra que para participar deberás entregala no local da ANPA os días 27,28 e 29 de xuño en horario de 11 a 13 horas


REUNIÓN POLA CAMPAÑA DE PRESTAMO DE LIBROS 2012 - 2013

A A.N.P.A. do I.E.S. Canido vai levar a cabo unha campaña de préstamo de libros de texto para o vindeiro curso 2012 - 2013.

Convidámosvos a  participar nunha reunión informativa o xoves día 7 de xuño as 18:30. no salón de actos do instituto.

Coidamos que pode ser inteante esta campaña xa que supón un aforro na compra de libros e ao mesmo tempo unha concienciación dos rapaces sobre o posterior coidado de dito material.

Esperamos a vosa asistencia.

Recibide un afectuoso saúdo.

A Xunta Directiva.

A.N.P.A. do I.E.S. Canido

As Raíñas Máxicas chegan a Canido!


Temos unha mensaxe máxica e solidaria na que os desexos se podan converter
en realidade, para isto gustaríanos a vosa colaboración.
O mundo é máxico e depende de nóis como queiramos que sexa:
queremos un mundo solidario? Pois sexamos solidarios!
de que maneira? facendo máis doado o Nadal de moita xente preto de nós
Fai maxia!
Enchamos de agasallos máxicos os caixóns da entrada do instituto antes das
vacacións do Nadal.
Deixa os seguintes produtos que serán doados a:
CÁRITAS

  • Almorzos e merendas: café, café soluble, cacao, galletas, madalenas,
    Cereais, zumes, leite, zucre, mermeladas, panos de papel ...


DIGNIDAD

  • Produtos non perecedoiros(agás pasta e arroz): produtos do Nadal, aceite, lentellas, garabanzos, fabas, conservas...
  • Produtos de hixiene: xel, champú, dentífricos, papel hixiénico...

As Raíñas participaremos no voso festival E ti que sabes facer? para
coñecervos e agradecervos a vosa solidariedade.
BO NADAL!

 


Distribuir contido


by Dr. Radut