Despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato 2011-12


Listado de Alumnos ADMITIDOS e NON ADMITIDOS para o vindeiro curso 2012-13

 1º ESO 1º BACHARELATO- CIENCIAS E TECNOLOXÍA
     2º ESO     
1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
3º ESO 2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA
4º ESO 2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

O alumnado admitido na lista definitiva, terá que formalizar a matrícula nos prazos que se sinalarán nos taboleiros de anuncios do centro e na páxina web (Xuño-xullo),  acompañada da documentación correspondente.

Se non se formalizase nos días sinalados ou non se xustificase o retraso, entenderase que se renuncia á praza e polo tanto será considerada como vacante e ofertada ao alumnado que esté na lista de espera.

Formalizarán a matrícula en Xuño-xullo, aquel alumnado que teña superadas todas as materias na convocatoria de xuño.

Formalizarán a matrícula en setembro, aquel alumnado que deba presentarse  con algunha materia a convocatoria extraordinaria de setembro.


Semana do Libro no IES Canido

Troco de libros  do 23 de Abril ao 4 de Maio durante os recreos.

  • Por cada libro que traias recibirás un vale.
  • Por cada vale poderás levar outro libro.

 


Alumnos do IES Canido conseguiron o 3º premio no IV Concurso Galego de Robótica

O pasado xoves, o alumnado de 3º e4º de Tecnoloxía da ESO participou no IV Concurso Galego de Robótica, organizado por IGACIENCIA no CEI-Nodus de Lugo e patrocinado polo Concello e Diputación de Lugo e a Fundación Barrié.

De entre todos os participantes, catro alumnos de 3º da ESO gañaron o 3º premio na categoría da ESO. ! parabens!

Con esta actividade pretendese achegar aos xóves o mundo da intelixencia artificial, a importancia desta na en cuestións relacionadas coa mellora da calidade de vida dos doentes, na loita contra as doenzas e a sostibilidade enerxética.

Cada grupo de participantes tiveron que superar os retos propostos programando e montando o seu robot.

Diario de Ferrol

 

O IES Canido participou no Primeiro Clube de Debate de Ferrol e As Pontes

Alumnos de 3º e 4º da ESO quedarón no terceiro posto do I Clube de Debate de Ferrol e As Pontes que se celebrou no centro cultural Carvalho Calero. O tema do debate “A democracia actual permite a participación cidadá” era moi complexo e requiriu dunha intensa preparación por parte do alumnado.


Enlace ao artigo do Diario de Ferrol

 

 


Campamentos de Veran 2012

03/07/2012 - 19:25
Etc/GMT

campamentosA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que teñan lugar noutras comunidades autónomas de España.

ORDE do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís
dentro do programa Campaña de verán 2012 ( DOG nº45 do 5 de marzo de 2012)


Festival Entroido 2012

Que ben o pasamos.......

 


 


E todo o traballo que se fixo antes...