Skip to Content

Novas

Admisión curso 2024-25 (Listaxe provisional)

Publicadas no taboleiro do centro e na aplicación as listaxes provisionais de admisión.

O prazo para presentar reclamación é de CINCO DÍAS HÁBILES a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Calendario exames finais 2º bacharelato

CALENDARIO EXAMES FINAIS - 2º BAC (maio-2024)

 

Mércores 8

8:30 - 10:00

Matemáticas II (aula 2º Bac A)

Matemáticas Aplic. CCSS (aula 2º Bac B)

Latín (desdobre 2) (2º BAC A e B)

10:10 – 11:40

Química (desdobre 3)

Historia da Arte (aula 2º Bac B)

Xeografía (aula 2º Bac A) (2º Bac A e B)

12:10 – 13:40

Historia da Filosofía (salón de actos) (2º Bac A e B)

 

Xoves 9

8:30 -10:00

Inglés (salón de actos) (2º Bac A e B)

10:10 - 11:40

Métodos Estatísticos e Numéricos (aula 2º Bac A)

Psicoloxía (salón de actos) (2º Bac A e B)

Tecnoloxía Industrial II (aula tec.) (2º Bac A e B)

12:10 - 13:40

Lingua castelá (salón de actos) (2º Bac A e B)

 

Venres 10

8:30 – 10:00

Lingua galega (salón de actos) (2º Bac A e B)

10:10 – 11:40

Historia de España (salón de actos) (2º Bac A e B)

12:10 – 13:40

Bioloxía (2º Bac A)

Economía da Empresa (2º Bac B)

Física (Desdobre 3) (2º Bac A)

Acceso programacións

As familias e o alumnado poden consultar as programacións na aplicación Proens.

Proens

Unha vez aberta hai que seleccionar no menú que está a esquerda "Acceso público".

Ábrese unha páxina onde hai que encher os campos

  • "Centro", IES Canido ou 15021470;
  • "Ensinanza", ESO ou Bacharelato;
  • "Curso";
  • "Materia";
  • "Réxime", Réxime xeral-ordinario

e clicar "Buscar Programacións" ou "Buscar Concreción Curricular".

Se pulsamos en "Buscar Programacións" aparece o acceso á programación solicitada.

Por exemplo, para acceder á materia de química de 2º de bacharelato no IES de Canido sería

Proens_cuberto

 

Pulsando na lupa accédese a todos os apartados da programación.

Por outra banda, na web do centro pódese acceder ás programacións indo ao departamento correspondente na columna da esquerda na sección "Departamentos".

 

BECAS MEC CURSO 24/25

Xa se pode solicitar beca MEC para o curso 24-25.

1º Esta beca pode ser solicitada por alumnado que no curso 24-25 curse:

    • Bacharelato
    • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
    • Formación profesional de grao medio e de grao superior
    • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
    • Ensinanzas de idiomas en escolas oficiais, incluída a modalidade a distancia
    • Ensinanzas deportivas
    • Estudos relixiosos superiores
    • Formación profesional de grao básico
    • Ensino universitario: graos, mestrado...

2º Lugar de presentación: Sede electrónica.

3º O prazo de presentación: 19 marzo ao 10 de maio ás 15:00.

Pódese atopar esta información ampliada no documento e mais información no enlace.

 

 

 

 

ADMISIÓN CURSO 24-25

Publicadas instrucións (ver anexo) proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024-25. Os aspectos mais destacados son:

1. Prazo de presentación solicitudes:

- de reserva (ED550A): do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Todas as solicitudes para 1º da ESO resultaron admitidas. 

Todas as persoas que fixeron a solicitude de reserva para 1º de Bacharelato terán que participar no proceso de admisión xa que hai mais solicitudes que vacantes.

- ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024

2. Forma de presentación:

  • Electrónica, pola aplicación admisionalumnado
  • Presencial
    • solicitude de reserva (ED550A), no centro no que está matriculado actualmente.
    • solicitude de admisión (ED550B), no centro indicado en primeiro lugar.
    • tanto a solicitude de reserva como a de admisión se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 



Distribuir contido


by Dr. Radut