Skip to Content

Novas

VENRES 8 DE XANEIRO HABERÁ CLASE A DISTANCIA

Prezadas familias,

Como xa sabedes, no noso centro estamos a facer obras importantes. Durante o Nadal avanzouse bastante, pero aínda non se rematou a renovación da entrada principal.

Por iso, o instituto aínda non está preparado para recibir o alumnado o venres 8 de xaneiro. Este día o ensino será a distancia a través de videoconferencia seguindo o horario espello de cada grupo que poden consultar na nosa páxina web.

O profesorado mandará as instrucións e a ligazónda reunión ao correo electrónico do alumnado nos próximos días.

O ensino presencial retomarase o luns 11 de xaneiro no horario habitual.

Desculpen as molestias causadas e quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou consulta.

Feliz 2021! Un saúdo,

O equipo directivo.

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE 1º ESO

O martes 8 de setembro terá lugar unha reunión informativa para os pais/nais/titores do alumnado de 1º ESO nas seguintes quendas:

 

1ª quenda: 18:00

2ª quenda: 19:30

 

Pregamos acudir sen o acompañamento dos rapaces e rapazas para evitarmos aglomeracións e, se é posible, a asistencia de só un dos proxenitores.

 

Moitas grazas pola súa comprensión e colaboración!

PUBLICACIÓN DAS ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As adaptacións realizadas nas programacións didácticas pódense atopar na sección correspondente a cada departamento.

Nelas poderán consultar:

- Os estándares e competencias imprescindibles que se desenvolverán durante o terceiro trimestre.

- Os criterios de avaliación e cualificación final na avaliación ordinaria.

- Os criterios para a recuperación das materias pendentes.

INFORME SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

No seguinte enlace podedes consultar os criteiros de avaliación e cualificación que se aplicarán durante o terceiro trimestre nas materias de 2º de Bacharelato.

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

INFORME 2º BAC

AVISO IMPORTANTE SOBRE ABALAR

Debido ás circunstancias actuais estase utilizando o espazo Abalar como canle de comunicación principal coas familias. No caso de detectar erros ou problemas na recepción das notificacións ou das cualificacións, pregamos que se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico (ies.canido@edu.xunta.gal) para solucionalos o antes posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut