Skip to Content

Orientación

Visita virtual ao CITEEC: Centro de Innovación Tecnolóxica de Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña

 Esta visita permite achegar o eido da enxeñería civil e a edificación ao público xeral. O formato da visita é de panorámicas 360º ás que se pode acceder dende un menú. Dentro dos laboratorios existen puntos interactivos, principalmente documentos e vídeos. Como detalle, esta visita conta cunha sección chamada Mini CITEEC na que se inclúen vídeos para os máis peques.

Dirección do enlace á visita virtual:

https://www.udc.es/citeec/citeec360/

 

 

 

COMO ELIXIR OS ESTUDOS AO REMATAR BACHARELATO

Se estás en Bacharelato e non tes claro o grado que queres estudar cando remates, podes realizar algúns dos seguintes test de orientación académica para universitarios:

  1. Universitat Abat Oliva. Este test clasifica aos estudantes segundo o seu carácter e aficións. Concretamente distingue entre seis perfiles: realista, investigador, empresarial, artístico, convencional e social.
  2. Universidad Politécnica de Madrid.  A finalidade do test é indicar que grado (de dita universidade) se axusta mellor ao perfil de cada candidato.
  3. Psicoactiva. Trátase dun test moi completo que ten un custo de 4’75 euros. Céntrase tanto no futuro universitario como nas expectativas laborais.
  4. Test de intereses universitarios.  Trátase dun test moi sinxelo de realizar.
  5. Elegircarrera.net. Nesta páxina especializada na orientación universitaria atoparás diversos tests: un xeral, outro centrado en ciencias, outro en economía, outro en educación, outro en enxeñería, etc. Axusta as necesidades de perfiles moi diversos.

 

Orientaline: Orientación académica e profesional

No seguinte enlace atoparás información sobre ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL actualizada (ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Ensinanzas artísticas...). Podes buscar datos sobre matrículas, becas, itinerarios formativos...

Se o necesitas, realiza os CUESTIONARIOS para coñecer as mellores opcións educativas segundo as túas cualidades e intereses.

Orientaline

 

 

Guía de orientación académica e profesional TI ELIXES

No seguinte enlace podes atopar información sobre educación, emprego e bolsas de axuda (becas):

Guía Ti Elixes

Departamento de Orientación 2020/21

 

A composición do departamento de Orientación é a seguinte:

 

Profesor/a

Función

Clara Goás Vargas

Orientadora- Xefa do departamento

María José Ramil Ferreiro

Profesora de Pedagoxía Terapéutica

Distribuir contido


by Dr. Radut