Skip to Content

FP Básica

Ciclo básico de Informática de Oficina

No departamento de Automoción impartimos o Ciclo Básico de Informática de Oficina (FP Básica). No curso 2023-2024 non se vai impartir por falta de alumnado.

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; gravador-verificador de datos; auxiliar de dixitalización; operador documental.

As nosas instalacións:

Se queres ver a organización dos módulos e o que se cursa neste ciclo podes pinchar neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut