Skip to Content

Ciclo Superior

Ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web

No departamento de Informática impartimos o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web polo réxime de FP Dual de curso completo. No curso 2022-2023 (impartiuse 1º curso) e 2023-2034 (impartirase 2º curso) participan 5 empresas neste proxecto de dual.

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
 
Que ocupacións se desempeñan?
Programador/ora web; programador/ora multimedia; desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

As nosas instalacións:

 

Se queres ver a organización dos módulo e o que se cursa no Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web podes pinchar neste enlace.

Podes acceder ás programacións didácticas do curso 2023-2024 neste ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut