Skip to Content

Carrera San Martiño 2023

Con motivo da XLVI edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, que se celebrou o domingo día 12 de Novembro, o noso instituto participou cunha numerosa representación do alumnado. Cerca de 200 inscritos, dos que finalizaron a proba 162 alumn@s nas diversas categorías (sub 14 e sub 16) completando o percorrido dos 5kms correspondentes.

Esta gran participación levou o noso instituto a acadar -por 2º ano consecutivo- o premio o centro educativo con maior participación; unha dotación económica en material deportivo que dende o dpto. de E.F. agradecemos para poder dispor de materiais didáctico-deportivos axeitados. En calquera caso esta iniciativa, que tan boa acollida ten no noso centro, permite os rapaces acercarse ás carreiras populares e realizar actividade física tan necesaria para os xóvenes e adolescentes da nosa provincia visto os alarmantes últimos datos de obesidade e sobrepeso que padecemos. Dende o noso dpto. seguimos potenciado todo tipo de iniciativas activas e formativas dos nosos alumnos.

  • Galería de fotos

 

 



story | by Dr. Radut