Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU (selectividade)

NON creedes a conta en NERTA. Faise dende o centro educativo.

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de xuño de 2024 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 16 ao 20 de maio e faise dende o centro educativo. O día 16 de maio é non lectivo no centro polo que este permanecerá pechado.

 

Data Ligazón
16 ao 20 de maio 2024
  • Proceso de matrícula nas ABAU ordinarias 2024
13 ao 17 xuño 2024
  • Proceso de matrícula nas ABAU extraordinarias 2024

EXAMES:

  • 4, 5 e 6 de xuño 2024 exames ABAU da convocatoria ordinaria  (CD 19) Facultade de Dereito. Campus Universitario As Lagoas. Ourense
  • 2, 3 e 4 de xullo 2024 exames ABAU da convocatoria extraordinaria.

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

 

 

RESERVA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

PROCEDEMENTO DE RESERVA (faise nos centros adscritos) Prazo pechado.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS EN 1º BACHARELATO

As solicitudes de praza para 1º de Bacharelato foron baremadas e poden consultarse dende hoxe 25 de abril no taboleiro interior do IES. Ábrese un prazo de reclamación de 5 días hábiles dende o 26 de abril ata o 3 de maio 2024 ámbolos dous incluídos.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

ESO e 2º Bacharelato

Todas as solicitudes de admisión foron admitidas agás en 1º de Bacharelato onde será preciso baremar.

FASE DE BAREMO 1º BACHARELATO

Do 2 ao 13 de abril

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.

ADMISIÓN

QUEN DEBE FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Alumnado de centros non adscritos ao IES O Couto que desexe continuar estudos no noso centro no vindeiro curso escolar 2024-2025 e alumnado de centros adscritos que non fixera a reserva. Prazo (do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos).

CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP VISTAHERMOSA, CEIP SACO E ARCE, CEIP LUIS MANUEL ACUÑA, CEIP O COUTO.
  • CPRPLURILINGÜE SANTO ÁNGEL e  COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJÓO ZORELLE, CPR SEMINARIO MENOR OURENSE

ÁREA DE INFLUENCIA:

NORMATIVA:

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

  • Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo se a demanda de prazas supera a oferta: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, é dicir, dende o 21 de marzo ao 8 de abril 2024

 

VACANTES:

 CURSO 2023-24 1º ESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH CIENCIAS 1ºBACH H. e CCSS. 2ºBACH CIENCIAS 2ºBACH H. e CCSS.
VACANTES  33  24  2  15  2  1  4  0

PRAZOS:

O 25 de abril: Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido. Poderase consultar as listaxes no taboleiro de Secretaría.

A listaxe provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 abril ao 3 de maio).  Modelo de reclamación

O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.

Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de  Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 


  COMUNICACIÓNS:

  • RESERVA DE PRAZA: Todo o alumnado que solicitou reserva en 1º ESO e 1º de Bacharelato foi admitido e obtivo praza.

 

HORARIO DE TITORÍAS 2023-24

Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

TÁBOA resumo do calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

 Actividades lectivas

 Inicio o 11 de setembro e fin o 21 de xuño, ambos incluidos.

 Trimestres    Datas orientativas de entrega de notas
 Primeiro, entrega de notas  2º Bch -  
 ESO e 1º Bch-  
 Segundo, entrega de notas  2º Bch-  
 ESO e 1º Bch-  

Terceiro, entrega de notas

 aval ordinaria 2º Bch-  
 3ª aval ESO e aval ordinaria 1º Bch-  

Notas aval ordinaria ESO -

Notas aval extraordinaria BACH

 
 Días non lectivos  13 de outubro e 7 de decembro 2023
 16 de maio 2024
 Vacacións    Nadal  Dende o 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos incluidos
 Entroido  12,13,14 de febreiro
 Semana Santa  do 25 de marzo ao 1 de abril ambos incluidos.

 

 

Menús do comedor escolar.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

 

LIBROS DE TEXTO 2023-24

 

 1ºESO

 ESO

 3ºESO

 3ºDIV

 4ºESO

 4ºDIV

 BAC

 2ºBAC

 

 

Solicitude de comedor 2023-2024

COMEDOR ESCOLAR 2023-24

O impreso para solicitar o comedor escolar está dispoñible no momento de facer a de matrícula para o alumnado da ESO. Debe solicitarse o impreso ao recoller o sobre de matrícula para cubrilo e entregalo na Secretaría do centro xunto co sobre de matrícula.

PRAZO : COA MATRÍCULA, para todo o alumnado do centro.

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2023-24

 XUNTO COA MATRÍCULA SOAMENTE ALUMNADO ESO

  • Transporte escolar en Bacharelato (Non se solicita no centro escolar)
  • Solicitude de transporte escolar 2023-24 (ESO)
  • Solicite o impreso para o transporte escolar ao recoller o sobre de matrícula do curso 2023-24. Debe entregarse cuberto  xunto coa matrícula, non habendo outro prazo para facelo (agás alumnado que se incorpora unha vez iniciado o curso escolar).
  • A solicitude debe cubrirse cos datos do alumnado (nome, apelidos, dni, curso, etc). Na solicitude figura a listaxe das paradas autorizadas, deberá márcase a parada escollida, soamente se pode marcar unha parada.
  • No caso de ter que solicitar diferentes paradas na mesma ruta ou ben facer emprego de dúas rutas terá que falar persoalmente coa Secretaria do centro xa que a solicitude deberá ser autorizada pola Consellería e Mobilidade sendo preciso facer un escrito.
  • No caso de solicitar parada nova deberá solicitar cita coa Secretaria. Para poder solicitar unha parada nova (é dicir, parada non existente na listaxe) terá que ter unha distancia mayor de 2.5 km á parada máis próxima e estar dentro dunhas das rutas de transporte. Neste caso será preciso facilitar TODOS os datos solicitados sobre a parada (foto da parada, distancia a parada anterior, distancia a parada seguinte, coordenadas, nome da parada, ruta). De non cubrir os datos a solicitude non poderá ser tramitada.  Se a distancia a algunha das paradas existente é inferior a 2.5 km non se poderá tramitar a solicitude (agás que existan circunstancias excepcionais que deberán acreditarse mediante escrito e documentación na Secretaría do centro).  
  • Solicitude de nova parada

BECAS E AXUDAS

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POLOS RESULTADOS NA PROBA ABAU - PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

É unha enorme satisfacción compartir coa nosa comunidade educativa os excelentes resultados acadados polo alumnado do IES O COUTO nas probas ABAU, e, en especial, os 14 alumnos/as que obtiveron unha cualificación superior aos 12 puntos.

  • 5 alumnos cunha cualificación entre 12 e 12,5 puntos
  • 5 alumnos cunha cualificación entre 12, 5 e 13 puntos
  • e 4 alumnos cunha cualificación superior a 13 puntos, dos cales dous superan os 13, 5 puntos.

Un total de 50 alumnos se presentou as probas ABAU, non quedando ningún alumno por titular en setembro.

Por outra banda, o IES O COUTO obtivo a mellor nota media nas probas ABAU en Ourense, sendo esta de 6,81 puntos.

Animamos ao alumnado que obtivo unha cualificación  igual ou  superior a 8,75 puntos na nota media do Bacharelato a presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 23 de xullo de 2020 e rematará o día 24 de agosto de 2020.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO EN NON ADMITIDO PARA O CURSO 2019-20

Nas seguintes ligazóns pódese acceder as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019-20 no IES O Couto:

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO EN NON ADMITIDO PARA O CURSO 2019-20

Nas seguintes ligazóns pódese acceder as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019-20:

O prazo de reclamancións será do 25 de abril ao 2 de maío, e as listaxes definitivas serán publicadas o día 14 de maio.

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO DE 1º ESO

Nas primeiras semanas do curso, o alumnado de 1º de ESO, tivo a oportunidade de coñecer as normas de uso da biblioteca e viu varios videos:  organización,  e-book e animación á lectura.

 

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-2020

Iniciase o proceso de admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2019-20. O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.

Para facilitar o proceso, publícanse a continuación dous documentos:

  • Documentación para o BAREMO: No caso de que a demanda de prazas escolares sexa, nalgún nivel, superior á oferta, o centro informará de dita circunstancia no taboleiro do centro e nesta páxina, e abrirá un prazo do 25 de marzo ao 5 de abril para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

As listas provixionais de admitos e non admitidos publicaránse o 24 de abril, e as definitivas o 14 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut