Inicio » Departamentos do IES O COUTO » Alemán, Avisos, reunións, Blogue Abalar, Blogue de Latín, Blogue de Lingua Castelá, Blogue do Equipo de Normalización Lingüística , Blogues, Blogues de Técnicas de Edición e Maquetación, Blogues de Tecnoloxía, Ciencias Naturais, Debuxo, Departamentos do IES O COUTO, Economía, Educación Física, Equipo de normalización lingüística, Filosofía, Física e Química, Francés, Grego, Inglés, Latín, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Orientación, Plan de convivencia, Portugués, Proxecto das TICS, Proxecto lector, Proxecto lingüístico, Recursos e ligazóns, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia
Alemán, Avisos, reunións, Blogue Abalar, Blogue de Latín, Blogue de Lingua Castelá, Blogue do Equipo de Normalización Lingüística , Blogues, Blogues de Técnicas de Edición e Maquetación, Blogues de Tecnoloxía, Ciencias Naturais, Debuxo, Departamentos do IES O COUTO, Economía, Educación Física, Equipo de normalización lingüística, Filosofía, Física e Química, Francés, Grego, Inglés, Latín, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Orientación, Plan de convivencia, Portugués, Proxecto das TICS, Proxecto lector, Proxecto lingüístico, Recursos e ligazóns, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia
Nas primeiras semanas do curso, o alumnado de 1º de ESO, tivo a oportunidade de coñecer as normas de uso da biblioteca e viu varios videos: organización, e-book e animación á lectura.
Desde o pasado 8 de febreiro e ata este mércores día 20, un grupo de 14 alumnas e alumnos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria do IES O Couto de Ourense participaron nunha iniciativa do nodo na Universidade de Vigo do proxecto MicroMundo. Póndose na pel de científicos en busca de bacterias de interese médico, o alumnado aprendeu a importancia de facer un uso responsable dos antibióticos.
Alumnos do IES O Couto e estudantes do grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do campus de Ourense traballarán xuntos nun proxecto de investigación relacionado coa procura de novos antibióticos. A iniciativa arrincará a mediados de febreiro e forma parte do programa internacional MicroMundo no que participa desde 2017 a Universidade de Vigo a través da Facultade de Ciencias. Trátase dun proxecto participativo centrado na exploración da biodiversidade microbiana nos chans en busca de novos microorganismos produtores de antibióticos, ademais dunha iniciativa para o fomento das vocacións científicas entre os mozos integrando os niveis educativos universitario e preuniversitario.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu, o 18 de xaneiro, no salón de plenos aos alumnos da asignatura de portugués do IES Ou Couto da capital na tradicional actividade «Cantar as Janeiras». Trátase dunha tradición portuguesa que consiste en interpretar cancións polas rúas durante o mes de xaneiro para anunciar o nacemento do Neno Xesús e desexar un feliz ano novo a todos os veciños.
Os alumnos de 4º ESO e 1º BACH viaxan a Burdeos e Paris nunha excursión organizada polo Departamento de Francés. A ANPA do IES O COUTO colaborou económicamente na realización desta viaxe cos socios da mesma.
Obradoiro de danza Urbana levado a cabo na materia de música de 2º de ESO. Coordinado pola profesora de música Olalla Núñez Deza, impartido pola especialista en danzas urbanas Yara Juncal Graña e subvencionado pola ANPA do Centro.
O obradoiro se desenvolveu en 5 sesións. dúas horas de ensaio con 2 grupos, outras dúas horas de ensaio cos outros 2 grupos e a hora final na que se xuntaron os 4 grupos para facer unha gravación da coreografía. Dita coreografía foi unha fusión da música galega na que se usou a muiñeira de Chantada da versión de Carlos Núñez coa danza urbana na que es especialista a profesora que impartiu o Obradoiro.
O resultado final foi unha coreografía ven coordinada e ensamblada na que se incluíron acrobacias de Marco Salvo Castro, Capoeira interpretada por Zuriel Rodríguez Lozano (ambos alumnos de 2º de ESO) e a colaboración de Alicia Babarro de 1º de ESO con break dance.