Skip to Content

Estudantes do IES O Couto e do campus investigarán xuntos na busca de novos antibióticos.

Alumnos do IES O Couto e estudantes do grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do campus de Ourense traballarán xuntos nun proxecto de investigación relacionado coa procura de novos antibióticos. A iniciativa arrincará a mediados de febreiro e forma parte do programa internacional MicroMundo no que participa desde 2017 a Universidade de Vigo a través da Facultade de Ciencias. Trátase dun proxecto participativo centrado na exploración da biodiversidade microbiana nos chans en busca de novos microorganismos produtores de antibióticos, ademais dunha iniciativa para o fomento das vocacións científicas entre os mozos integrando os niveis educativos universitario e preuniversitario.
 

 



story | by Dr. Radut