Skip to Content

Novas

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL DO CURSO 2021-2022

Xa están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso escolar 2021-2022.

O protocolo de protección de datos non permite a súa publicación nesta páxina nin facilitar información por vía telefónica, polo que os interesados deberán consultar as listas expostas no interior de centro. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

OBSERVACIÓNS ÁS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS

- As solicitudes onde aparece a mensaxe “Segundo as existencias do centro non lle corresponden libros” son aquelas para as que non chegaron as existencias de libros e que ademais non teñen dereito a libros de adquisición complementaria polo nivel de renda familiar.
- As solicitudes que resultan excluídas levan indicado o motivo da exclusión.

OBSERVACIÓNS ÁS LISTAXES DEFINITIVAS DE  VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

- As solicitudes que resultan excluídas débense á que se supera o máximo admitido da renda familiar per cápita.
- Os vales das solicitudes que aparecen como “Admitidas”  (ou “Concedidas” se non se recolleron con anterioridade) poderanse recoller na Secretaría do centro a partir do luns, día 14 de setembro de 2020, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os vales só poderán  ser recollidos pola persoa solicitante provista do seu DNI. En caso de que o solicitante non o poida recoller, deberá achegar:
•    Autorización co nome completo e DNI do solicitante, así como o nome completo e o DNI da persoa autorizada. A autorización debe estar asinada polo solicitante.
•    Fotocopia do DNI do solicitante.

PLANOS DE CIRCULACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

PLANOS DE CIRCULACIÓN

>>> Premer na imaxe para ver os planos de circulación de entradas e saídas

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais de fondo libros e vales de material poden consultarse no taboleiro do centro dende hoxe 7 de xullo 2021. Non se facilitará información por teléfono sobre ditas listaxes en garantía da lei de protección de datos.

  • Reclamación: O prazo de reclamación contra as listas provisionais pode realizarse os días 8 e 9 de xullo de 2021 en horario de 09:00h a 14:00h.
  • Vales: Os vales das solicitudes que aparecen como “Admitidas” poderanse recoller na Secretaría do centro dende o 8 de xullo ata o 15 de xullo de 2021 de 10:00h a 13:00h. Haberá outro prazo de recollida no mes de setembro 2021 do que avisaremos pola web do centro e por mensaxería Abalar. Os vales só poderán  ser recollidos pola persoa solicitante provista do seu DNI.

 Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

CALENDARIO DE SETEMBRO 2021 - EXAMES DE SETEMBRO

CALENDARIO DE SETEMBRO, EXAMES, RECOLLIDA DE LIBROS E MATRÍCULA

Convocados os premios extraordinarios de ESO curso 2020/21

Convocados os premios extraordinarios de ESO 2020/21

 

PREMIOS

  1. Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21
  • O alumnado que cumpra os requisitos e desexe participar debe pasar polo centro antes do remate do prazo. (O prazo de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2021 e rematará o día 23 de setembro de 2021.)
  1. Premio extraordinario ESO

IES O COUTO gañador dun accesit no Simposio Micro-Mundo 2021

O  IES O COUTO resultou gañador dun Accesit no Simposio MicroMundo2021. Participación como ponente no simposium e publicación científica. 

   

 

 
 
 

CREANDO MÚSICA DENDE A RECICLAXE

Alumnado do IES O COUTO  fabrican instrumentos musicais con obxectos da vida cotiá.

IES O COUTO gañador dun accesit no Simposio Micro-Mundo 2021

O IES O COUTO participou como poñente no simposio micromundo e resultou gañador dun accésit. Ligazón á información

BECA PARA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - ALUMNADO MAIOR DE 18 ANOS.

  • Beca de inmersión lingüística do Ministerio de Educación para alumnado que remata 2º de Bacharelato. Información e solicitude na seguinte ligazón: Becas de inmersión lingûística

ENTREGA DE NOTAS- VENRES 25 DE XUÑO 2021 ÁS 10:00H

ENTREGA DE NOTAS

 

O día 25 de xuño ás 10:00h farase entrega dos boletíns de notas polos titores ao seu alumnado na súa aula de referencia.

As reclamacións ás cualificacións serán o venres 25 de xuño e o luns 28 de xuño.

GUÍA DE NOVIDADES NA BIBLIOTECA

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA RECOMENDA:

A BIBLIOTECA RECOMENDA:

A NOSA BIBLIOTECA

 A NOSA BIBLIOTECA

BIBLIOTECA : LIBROS

BIBLIOTECA

Distribuir contido


by Dr. Radut