Skip to Content

Novas

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELECTOS E SUPLENTES NAS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

A Xunta Electoral do IES O COUTO acordou a publicación dos resultados das eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar, e a proclamación de candidatos electos e suplentes nos distintos sectores, segundo o documento que aparece a continuación:

 

CANDIDATOS ELECTOS E SUPLENTES AO CONSELLO ESCOLAR DO IES O COUTO 2021

A) PAIS/NAIS TITULAR Julio César Pérez Vázquez
  SUPLENTE: sen suplentes
     
B) ALUMNADO TITULARES Zaira Rodríguez Fidalgo
    Antonio Manuel Atrio Díaz
    SUPLENTES Trecy Pilar Mbang Esono Angunu
    Jhoneicker José Martínez Moncada
     Daniela Joselyn Blanco Jusayu
     
     
     
D) PROFESORADO TITULARES Fernández Carballo Silvia
    Cabrera Salgado Natalia
    Castro Toral Patricia
     
     
  SUPLENTE sen suplentes

Festival de nadal do IES O Couto 2022

Festival de nadal llevado a cabo co alumnado de música do IES O Couto. Profesora Olalla Núñez Deza. Colaboración escola de danza Estilo Libre.

Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)

Debido ao aumento da carga horaria da materia de EF en 1ºde Bacharelato, pasando de 2 sesións a  3 sesións semanais, o departamento de EF e o centro estimaron oportuno xuntar dúas sesións semanais da mesma e o recreo correspondente para realizar actividades nas instalacións do Servizo Municipal de Deportes (Pavillón dos Remedios) en horario lectivo, -previo acordo coa xerencia-, xa que a proximidade ao noso centro e as posibilidades deportivas son infinitas.
Este 1er trimestre centrámonos nas actividades acuáticas, onde realizamos prácticas de distintas técnicas de aprendizaxe e perfeccionamento de Natación nos dous vasos (piscina de 25 e de 50), así mesmo contamos en varias sesións de Salvamento Acuático co Club Salvour (que nos facilitaron material e impartíronnos algunha clase de forma gratuíta) e as última semanas déronse clases de Aqua-gym (no spa , adxacente ao vaso de 50mts).
As fotos e vídeos son un fiel reflexo do grao de satisfacción do noso alumnado cunhas prácticas tan aceptadas, útiles e motivantes.
Esperamos seguir desenvolvendo contidos variados e dotar ao noso alumnado de experiencias enriquecedoras no ámbito deportivo, tanto nas seguinte avaliacións como nos cursos vindeiros. Un agradecemento especial desde o dpto. de EF ao Pavillón de Deportes (Marta Míguez, por darnos todas as facilidades para desenvolver esta programación tan nova, socorristas e demais persoal), ao Club Salvour (Marta Estévez por deixarnos materiais e impartirnos sesións) e ao alumnado por ser un exemplo de comportamento e responsabilidade.
 

 

 LISTAXE DE VÍDEOS

 

 

Alumnos da Facultade de Ciencias e o IES O Couto buscarán novos antibióticos

O proxecto Micromundo volverá ás aulas

 

 

Visita ao Aquarium da Coruña e ao Muncyt

VISITA DE 1º ESO e 3º DIVERSIFICACIÓN AO ACUARIO DA CORUÑA E AO MUNCYT

>>>>> Ligazón á galería de fotos

RELACIÓN DE CANDIDATOS Á RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

logoiesA XUNTA ELECTORAL PROCLAMA A RELACIÓN DE CANDIDATOS Á RENOVACIÓNPARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR NOS DISTINTOS SECTORES

a) Polo profesorado

  • Dna. Natalia Carrera Salgado
  • Dna. Patricia Castro Toral
  • Dna Silvia Fernández Carballo.

 

b) Polos pais/nais de alumnos/as:

  •  D. Julio César Pérez Vázquez

 

c) Polos alumnos/as

  • Antonio Manuel Atrio Díaz
  • Joselyn Daniela, Blanco Jusayu
  • Trecy Pilar Mbang Esono Angunu
  • Jhoneicker José, Martínez Moncada
  • Zaira Rodríguez Fidalgo

 

 

Ourense, 16 de novembro de 2022.

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL                                                                             O Secretario/a Os Vocais

RECLAMACIÓNS:

O prazo de reclamacións  á proclamación de candidaturas comeza o día 17 e remata o 18 de novembro 2022 ás 12:00h.

>>>>> Proclamación de candidaturas pola Xunta electoral

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

RESUMO DO CALENDARIO ELECTORAL para a renovación parcial do consello escolar curso 2022_23:

>>>> Convocatoria de eleccións  <<< (premer para acceder á información)

  • Do 4 ao 15 de novembro: Prazo de presentación de candidaturas na Secretaría do centro.
  • 16 de novembro: Admisión, proclamación e publicación de candidaturas polo Xunta Electoral. Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
  • 17 e 18 de novembro: Presentación na Secretaría do centro, ata as 12:00 horas do día 18, das reclamacións contra as candidaturas proclamadas.
  • 24 de novembro: VOTACIÓNS.

 

INFORMACIÓN PAIS INFORMACIÓN ALUMNADO
  INFORMACIÓN PROFESORADO

Plan dixital de centro

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Listaxes de FP Básica

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS A FP DE GRAO BÁSICA.

------------------------------------------------------------------

O día 20 de xulio sae a lista coas adxudicacións da FP básica.

Listaxes para comprobar as peticións da FP BÁSICA:

O alumnado non poderá matricularse na FP ata que salga a listaxe definitiva.

Puntuacións provisionais Premio extraordinario Bacharelato

DEVOLUCIÓN DOS KIT ORDENADOR + WIFI do programa "Educa en Dixital Galicia"

PRAZO PARA A DEVOLUCIÓN DOS KIT ORDENADOR + WIFI

 

  • As datas para a devolución dos Kit Ordenador + Wifi, cedidos polo IES O Couto durante o curso escolar dentro do programa "Educa en dixital Galicia" son as seguintes:
    • LUNS 20 de xuño en horario de mañá e tarde.
    • MARTES 21  de xuño en horario de mañá.
    • MÉRCORES 22 de xuño en horario de mañá.
    • O alumnado que non o precise pode devolvelo antes desa data.
  • Será imprescindible a presencia do pai/nai/titor na devolución xa que debe asinarse documentación.

 

Lugar da realización das probas para a convocatoria de premios extraordinarios de BACHARELATO 2021-22

Convocatoria de premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-22

Distribuir contido


by Dr. Radut