Skip to Content

Xornadas de Primeiros Auxilios

Os días 23 e 24 de Novembro, o dpto. de E.F. en colaboración coa AMPA e Protección Civil organizáron dúas xornadas de Primeiros Auxilios para os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Durante 3h de obradoiros(cada grupo) os alumnos/as puideron coñecer e practicar as técnicas de actuación ante todo tipo de situacións de emerxencias. As estacións eran moi variadas e incluían: información e asistencia, RCP con e sen Desa, evaluación de accidentados, actuación ante queimaduras, fracturas, inmovilizacións, obstrucción da vía aérea, hipo e hiperglucemia...etc. Estes contidos que son moi necesarios na formación dos nosos alumnos e tan útiles na súa vida, permiten o alumno saber actuar ante unha situación de urxencia e lle dan unha visión do traballo do voluntariado de Protección Civil, así como o coñecemento da posibilidade dun futuro profesional ligado as urxencias e os primeiros auxilios. Para os alumnos de bacharelato estes contidos completan a formación que se está a impartir na piscina do Pavillón dos Remedios (natación e salvamento acuático -coa axuda do club Salvour-) posibilitando así unha formación parecida a un curso de salvamento e socorrismo acuático.

 
 

 

 



story | by Dr. Radut