Skip to Content

ROBÓTICA - 1º BACH A

ROBÓTICA - 1º BACHARELATO A

CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2020, EXAME E/OU ACTIVIDADES:

 Non hai alumnado suspenso

 

As actividades deben entregarse antes do día 1 /09/2020, ás 14h00 no seguinte correo electrónico:

 Non hai alumnado suspenso

 


ACTIVIDADES DURANTE O CONFINAMENTO (MARZO A XUÑO):

Ola a todas e todos,
Nestes momentos de convulsión social, nos que vemos alterada toda a nosa cotidianidade (e polo tanto, non sendo os mellores tempos para a concentración nos vosos estudos) é cando un maior esforzo debedes facer para non ver comprometido o voso futuro e o de todos; porque o futuro sodes vós. Por isto, apelo a vosa responsabilidade e intelixencia.
Permitídeme aconsellarvos que vos coidedes o máximo posible e que extremedes os coidados dos mais débiles segundo as recomendacións das autoridades competentes. Eu, como profesor voso, recoméndovos que estudedes mais que nunca e  que vos centredes naquelas materias nas que teñades máis dificultades . O profesorado está sempre disposto a axudarvos, non o dubidedes nunca.
Dito isto, e  sendo a Robótica unha das que non tedes dificultades, non por iso a deixedes de lado, porque sen dubida ningunha, os coñecementos que implican  seranvos dos mais úteis e necesarios para o voso futuro persoal e profesional.
Estou seguro que saberedes aproveitar ben o tempo. Non son momentos para perdelo, nunca o foron, e naturalmente deberedes organizalo e ter momentos de lecer. Que mellor que escoitar boa música, ver unha boa película e realizar actividade física  aínda que esteamos recluidos nas nosas casas. E sempre, sempre, un bo libro. Nada mellor que isto para relaxarse e formarse o mesmo tempo.
Sen máis, e tendo en conta que a Robótica é unha materia eminentemente práctica e seguramente non contades cos materiais necesarios para desenvolvela nas vosas casas. Déixovos unha lectura en pdf, a que quedamos en realizar.
Deséxovos o mellor para todas/os e para os vosos seres queridos.
Moitos Bicos, vémonos pronto.
Do voso mestre, que vos quere ben e está a vosa enteira disposición en todo o que vos poda axudar.
LIBERDADE , AMOR E  POESIA
 xcdedios@edu.xunta.es
PD: Debemos, hoxe máis que nunca, traballar e axudarnos entre todas/os en rede se os medios tecnolóxicos dos que dispoñemos nolo permiten.

MATERIAIS E ACTIVIDADES

AdxuntoTamaño
Isaac Asimov - Yo Robot.pdf812.6 KB


page | by Dr. Radut