Skip to Content

Educación Física

VIAXE A JACA

VIAXE A JACA DOS ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO E 4º ESO

organizado polo Departamento de Educación Física

a ANPA DO IES O COUTO colaborou económicamente cos membros socios da mesma.

Na estación probando o material.
catedral de Jaca

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

VIAXE A ANDORRA ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Couto disfrutou da neve en Andorra nunha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

   
   

 

Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)

Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)

Debido ao aumento da carga horaria da materia de EF en 1ºde Bacharelato, pasando de 2 sesións a  3 sesións semanais, o departamento de EF e o centro estimaron oportuno xuntar dúas sesións semanais da mesma e o recreo correspondente para realizar actividades nas instalacións do Servizo Municipal de Deportes (Pavillón dos Remedios) en horario lectivo, -previo acordo coa xerencia-, xa que a proximidade ao noso centro e as posibilidades deportivas son infinitas.
Este 1er trimestre centrámonos nas actividades acuáticas, onde realizamos prácticas de distintas técnicas de aprendizaxe e perfeccionamento de Natación nos dous vasos (piscina de 25 e de 50), así mesmo contamos en varias sesións de Salvamento Acuático co Club Salvour (que nos facilitaron material e impartíronnos algunha clase de forma gratuíta) e as última semanas déronse clases de Aqua-gym (no spa , adxacente ao vaso de 50mts).
As fotos e vídeos son un fiel reflexo do grao de satisfacción do noso alumnado cunhas prácticas tan aceptadas, útiles e motivantes.
Esperamos seguir desenvolvendo contidos variados e dotar ao noso alumnado de experiencias enriquecedoras no ámbito deportivo, tanto nas seguinte avaliacións como nos cursos vindeiros. Un agradecemento especial desde o dpto. de EF ao Pavillón de Deportes (Marta Míguez, por darnos todas as facilidades para desenvolver esta programación tan nova, socorristas e demais persoal), ao Club Salvour (Marta Estévez por deixarnos materiais e impartirnos sesións) e ao alumnado por ser un exemplo de comportamento e responsabilidade.
 

 

 LISTAXE DE VÍDEOS

 

 

Carreras de orientación no IES O Couto

Carreiras de Orientación no I.E.S. “O Couto”

Con motivo da Ou.D. de orientación no medio natural” e “carreiras de orientación” que se está levando a cabo no centro, por parte do dpto. de E. F., o xoves 19 de Maio realizouse unha saída ao concello de Cenlle – próximo á localidade de Rivadavia-, para levar a cabo unha experiencia no medio natural para abordar os contidos de dita U.D.

O concello de Cenlle dispón dun circuíto de orientación permanente, onde os alumnos realizaron o percorrido de 10 kms, aproximadamente, buscando as diferentes balizas e tratando de facelo no menor tempo posible. Tanto a actividade, como o clima, e a contorna converteron a actividade en algo moi pracenteiro e a repetir nos próximos anos.

 

PÁDEL NO IES O COUTO

O alumnado de 2º Bach tivo a oportunidade de recibir clases de pádel ao longo desta semana de decembro nas instalacions deportivas de Be One en Oira. A actividade foi organizada dende a materia de Actividade física, ocio e saúde a cargo do departamento de educación física.

 

 

Activity Time de mondelovega

BAILANDO NO IES O COUTO - ACTIVIDADE FÍSICA, OCIO E SAÚDE.

O alumnado de 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias sociais foi a unha clase de baile na Academia Don´t Stop. Nos vindeiros días tamén acudirá o alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias.

É outra forma divertida e amena de practicar actividade física en tempos de pandemia.

 

ACTIVIDADE OCIO de mondelovega

CARREIRA DE SAN MARTIÑO

SAN MARTIÑO 2017

Como é tradición no noso centro, o vindeiro día 19 de novembro (domingo) participaremos na XLI Carreira Pedestre do San Martiño e animamos a todos os nosos/as alumnos/as a que participen e podamos ser un ano máis un dos centros premiados nesta edición da tradicional carreira ourensá.

 

O prazo máximo para a inscrición será ata o día 4 de novembro. Os interesados en participar teñen que porse en contacto con calquera dos profesores de Educación Física.

san martiño

MAGOSTO 2017

MAGOSTO 2017

MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO

O mércores 8 de novembro de 14:00 a 15:00 horas, os/as alumnos/as de 1º de Bacharelato organizarán para o alumnado do IES O COUTO unha festa de celebración do magosto. O menú constará de: pan con chourizo, castañas, sobremesa e refresco. O custo deste menú será de 5 euros.

 

O pago faráselle ós alumnos de 1º de Bacharelato ata o día 6 de novembro.

castña

XOVES 6 DE ABRIL. DÍA DO DEPORTE

VISITA DE 4 DEPORTISTAS DE ELITE

 

Alex Vidal Álvarez (tricampión do mundo en parataekwondo), Felipe Iglesias Torre (Subcampión do mundo de Jiu Jitsu), Iria Álvarez Liz (internacional coa selección española de natación e 4 veces campioa de España Junior) e Javier Valencia Rajoy (Olímpico coa selección española de hóckey herba masculino) compartiron cos noso alumnado as súas experiencias no mundo do deporte profesional ó longo de toda a mañá.

Foi unha experiencia moi amena e participativa onde os nosos rapaces/zas plantexaron tódalas súas inquedanzas ás que os deportistas respostaron con moito humor e sinceridade. Agradecemos enormemente a súa visita e esperamos que repitan.

 

 
 
   

 

 

 

 

Guardar

SEMANA DA SAÚDE E DO DEPORTE

DEPORTE E SAÚDE

 

A semana do 3 ao 7 de abril estase a celebrar no IES O Couto de Ourense a "Semana da Actividade Física e a Saúde". Dentro das actividades a desenvolver haberá diversos talleres de saúde, dedicados á prevención de enfermidades, divulgación de hábitos saudables e primeiros auxilios, entre outros. Para a realización destes talleres contamos coa inestimable e desinteresada colaboración da empresa EMERGALIA.

 

Por outra banda, toto o alumnado participará no reto de tentar bater o Récord Guinness de distancia percorrida en bicicleta estática, que ostenta o tinerfeño Miguel Ángel Castro cunha marca de 3060 metros.

 

   

 

 

Guardar

PREMIO SAN MARTIÑO 2016

 

No Centro Cultural Velente procedeuse á entrega de premios escolares da San Martiño 2016 na que o noso centro quedou 3º de Ourense.

 

PREMIO SAN MARTIÑO 2016
IES O COUTO

 

 

Guardar

"SAN VALENTÍN" 12 DE FEBREIRO

 

O vindeiro 12 de febreiro celebrarase no noso centro o día de "SAN VALENTÍN"

Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato están a organizar un servizo de entrega para ese día tan especial.

O único que tedes que facer é buscalos nos recreos para encargarlles o teu detalle (unha flor, un poema, un bico ou un abrazo) e indicarlles a quén vai dirixido.

¡Eles farán o resto!

Por solo 1 euro, farás un detalle moi especial.

Anímate e participa.

TORNEO DE NADAL

TORNEO DE NADAL

TORNEO

VENRES 19 EN HORARIO DE 10 A 11H30

10:00 FUTBITO:SELECCIÓN ESO vs. SELECCIÓN BACHARELATO

10:30 VOLEIBOL: SELECCIÓN PROFES vs SELECCIÓN ALUMN@S

11:00 FUTBITO: PROFESORAS vs SELECCIÓN ALUMNAS

Distribuir contido


by Dr. Radut