Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 30, 2013

O luns día 27 de maio, un grupo de alumnos/as de 4º de ESO e 1º de BAC, trasladáronse aos arredores de Padrón para realizar unha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

Acompañados polos/as profesores/as Mateo Torres e Helen Hollis, disfrutaron dunha seguro que inolvidable experiencia de rafting.

 

 

 

 

Start: 30/05/2013 00:30
End: 30/05/2013 19:58

Como xa ven sendo tradición, o alumnado de 2º de Bacharelato, unha vez rematadas as súas clases e antes de lanzarse á preparación das probas de acceso á universidade, realizaron unha viaxe didáctica pola Costa da Morte.

Acompañados/as por Alfredo Torres e Marisé Fernández, visitaron o Castro de Borneiro, o Ecomuseo de Buño, Castelo de Vimianzo, Faro de Cabo Vilán, Camariñas e outros lugares de interese.

 

 

Venres Maio 31, 2013
Start: 27/05/2013 08:30
End: 31/05/2013 16:31

O luns día 27 de maio, un grupo de alumnos/as de 4º de ESO e 1º de BAC, trasladáronse aos arredores de Padrón para realizar unha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

Acompañados polos/as profesores/as Mateo Torres e Helen Hollis, disfrutaron dunha seguro que inolvidable experiencia de rafting.

 

 

 

 

Luns Xuño 03, 2013
Start: 03/06/2013 08:30
End: 03/06/2013 15:00

Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, o luns 3 de maio o alumnado de 2º de ESO (A e B) realizaron unha visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión estiveron acompañados polas profesoras María José Fernández Gallego, Mª José Oreiro López e a orientadora, Saínza Bonome Carballés.

 

 

Xoves Xuño 06, 2013
Start: 06/06/2013 00:15
End: 06/06/2013 23:15

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta esta  semana un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia. A presentación do documental será o próximo xoves 6 de xuño as 11.15 horas no salón de actos do IES Poeta  Díaz Castro.

Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre,  xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. Sandra Tenreiro, a profesora de música é quen compuxo as cancións.

Estamos moi satisfeitos do traballo realizado e cremos temos acadados con creces os nosos obxectivos: realizar un proxecto interdisciplinar, co maior número de alumnos e alumnas implicados/as e cunha aposta pola educación en competencias; mostrar as destrezas no tratamento da información e competencia dixital, avanzando na comprensión e interiorización da realidade social e cultural próxima, respectando o patrimonio cultural; e, sobre todo, mellorar a autoestima e confianza nun mesmo, así como incidir na asunción de responsabilidades, imprescindible para este tipo de traballo en equipo.

Para a estrea do documental convocaráse a toda a comunidade educativa e ós participantes no mesmo, así como a representantes da cultura chairega e galega en xeral. Tralo pase inicial en Guitiriz, está planificada outra presentación no Centro Ágora da Coruña para o 11 de xuño e no que se interpretará a música do documental en directo. Parella á estrea comezarase unha campaña en redes sociais de divulgación da obra do poeta e de reivindicación de que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas.

  

 

Martes Xuño 11, 2013
Start: 11/06/2013 00:48
End: 11/06/2013 23:48

Seguindo coa tarefa de impulsar a figura de Xosé Mª Díaz Castro como candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas do 2014, o martes 11 de xuño, ás 16:45, é presentado o documental A LUS DO MUNDO no Centro Cultural ÁGORA, en A Coruña.

Ata alí se desprazarán un grupo de profesores/as do centro, así como a directora do documental, Cristina de la Torre, e un grupo de alumnos/as que participaron en diversos aspectos da producción.

Tras a presentación, haberá un coloquio no que intentarán respostar ás dúbidas ou curiosidades que o público asistente lles queira transmitir.

Un paso máis! É dos primeiros dos moitos que nos quedan por dar ata lograr o noso obxectivo.

 

Reseña na prensa: LA VOZ DE GALICIA, 12 de xuño de 2013

Distribuir contido