Extraescolares e Complementarias

Coloquio

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 08:49
22/05/2013 11:00
22/05/2013 13:20
Etc/GMT+1

No marco do PROXECTO MULLERES E DESENVOLVEMENTO NA ÁFRICA SUBSAHARIANA, o dia 22 de maio, mércores, tivo lugar no noso instituto un coloquio organizado polo departamento de Ciencias Sociais, e pola profesora deste departamento, María José Fernández Gallego.

Dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato, da asignatura de Historia do Mundo Contemporáneo, resultou de grande interés para o alumnado.

 

Intercambio co CPI de Friol

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 08:32
21/05/2013 09:00
21/05/2013 13:00
Etc/GMT+1

O martes 21 de maio, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do noso instituto, desprazáronse a Friol en devolución da visita realizada ao IES POETA DÍAZ CASTRO,  hai uns meses, por alumnado do CPI Dr. LÓPEZ SUÁREZ desa localidade.

O encontro tivo lugar na Fortaleza de San Paio de Narla, onde visitaron o Museo Etnográfico Provincial.

Nesta xornada de convivencia, compartiron experiencias e uns e outros amosaron parte das actividades que en cada centro se desenvolven.

Esperemos que isto teña futuro!

 

 

Saímos na Radio!!!

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 08:23
30/04/2013 12:00
30/04/2013 13:00
Etc/GMT+1

QUE? Unha selección de contos...

QUEN? Alumnado de 1º de ESO, que ademási foron quen os escribiron...

CANDO?  O martes, 30 de abril de 2013

A QUE HORA?  Ás 12:25 do mediodía

ONDE? En RADIO PRINCIPAL-VILALBA

BÚSCANOS EN: No dial 87.7 da FM

 

PONTE EN ANTENA!!!

 

 

Animación á lectura

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 08:16
23/04/2013 10:00
23/04/2013 12:00
Etc/GMT+1

Organizada pola Biblioteca do centro, o pasado 23 de abril de 2013, día do Libro, un grupo de alumnos/as do noso instituto, fixeron unha visita aos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana no que intentaron transmitir o seu interese pola lectura aos máis novos.

Facendo afición!

 

 

Viaxe a ROMA e FLORENCIA - Abril 2013

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 07:50

O pasado mes de abril, entre os días 11 e 16, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 4º de ESO, acompañados polos/as profesores/as Julio González e María Miragaya, realizaron unha viaxe de estudos a Roma e Florencia.

Se queredes compartir parte do que viron e viviron, podedes ver aquí as fotos da viaxe.

 

 

 

2ª FASE DA OLIMPIADA MATEMÁTICA

Enviado por admin o Xov, 18/04/2013 - 04:33
19/04/2013 00:20
19/04/2013 14:00
Etc/GMT+1

Baixo a coordenación do Departamento de Matemáticas, o vindeiro venres un grupo de alumnos/as do noso centro se desplazarán ao I.E.S. XOAN MONTES de Lugo para participar na 2ª Fase da Olimpiada Matemática Galega.

Os/as alumnos/as que asistirán a esta cita son:

 

JAVIER LÓPEZ VERERS

JESÚS ROCA IGLESIA

SARA CAMPOS GONZÁLEZ

NOEMÍ CARRO PAZ

Sorte a todos eles!

CONCERTO DE RAP

Enviado por admin o Mar, 09/04/2013 - 03:41
09/04/2013 11:20
09/04/2013 14:20
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º de E.S.O. asistirá o martes día 9 de abril de 2013 a un concerto de rap.

Terá lugar no Salón de Actos do I.E.S., organizado pola Biblioteca do centro.

A actividade desenvolverase entre as 11:20 e as 14:10 h.

 

 

 

 

 

 

 

 

MATEMÁTICAS E HISTORIA

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:55
29/04/2013 08:30
29/04/2013 14:45
Etc/GMT+1

Organizada polo DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do IES Poeta Díaz Castro, o vindeiro luns día 29 de abril, o alumnado de 4º de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC realizará unha visita a Santiago de Compostela na que desenvolverán diversas actividades relacionadas coas Matemáticas e coa Historia.

Serán os profesores acompañantes nesta ocasión VÍCTOR POLLÁN FERNÁNDEZ e SANTIAGO DANS SAMPEDRO.

Sairán do instituto ás 8:30 h., tendo prevista a chegada de novo ao centro ás 14:45.

 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:50
25/04/2013 00:30
25/04/2013 13:45
Etc/GMT+1

Programada polo Departamento de Música do IES POETA DÍAZ CASTRO, o vindeiro xoves día 25 de abril, alumnado deste centro asistirá no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a un concerto didáctico.

Nesta actividade o alumnado estará acompañado polas profesoras SANDRA TENREIRO DOLDÁN e CONSUELO OTERO YÁÑEZ.

 

 

 

VIAXE DIDÁCTICA A ITALIA

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:52
11/04/2013 07:00
17/04/2013 07:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato marchásenos uns días en viaxe de estudos a ITALIA.

Esta aventura arrancará o xoves día 11 de abril, ás 7:00 da mañá no instituto, de onde sairemos en bus cara a LISBOA, para alí embarcar en avión rumbo a Italia.

Nesta visita, permanecerán en ROMA dende a chegada ata o domingo día 14 de abril, momento no que se desplazarán en bus ata FLORENCIA, cidade que sen dúbida disfrutarán ata a fin da viaxe.

Sairán de novo cara a Guitiriz (vía Lisboa de novo) o martes día 16 de abril, se ben non chegarán ata a madrugada do mércores 17.

Nesta viaxe, estarán acompañados pola profesora MARÍA MIRAGAYA PEREIRA e o profesor JULIO GONZÁLEZ IGLESIAS.

 

Aquí vos deixamos uns enlaces para que podades ver e/ou descargar o programa da viaxe (previsto, xa se verá se se pode cumplir todo). Tamén poñemos á vosa disposición unha serie de recomendacións para os viaxeiros, así como unha guía caseira con información de todo o que pretendemos ver...

Boa viaxe!

Distribuir contido