Extraescolares e Complementarias

Literatura e Matemáticas

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:48
00/00/
Array

Impartida por GONZALO TEMPERÁN BECERRA, integrante do equipo docente de ESTALMAT o vindeiro 18 de abril poderemos asistir no instituto a unha interesante conferencia sobre LITERATURA E MATEMÁTICAS.

Terá lugar ás 12:30 h. no salón de actos, e está dirixida a todo o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Concerto didáctico

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:32
00/00/
Array

Organizado polo departamento de música, o vindeiro martes 17 de abril realizaremos un desprazamento ao Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico.

Serán as profesoras acompañantes do alumnado de 3º de ESO e 4º ESO-Diversificación, Sandra Tenreiro e Consuelo Otero.

Que o disfruten!

Mostra do Ensino 2012

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:25
00/00/
Array

O alumnado de 4º de ESO e 2º de BAC visitarán o vindeiro mércores día 11 de abril a Mostra do Ensino de Galicia 2012, en A Coruña. Sairán do instituto ás 14:00 horas, para comer en A Coruña antes da visita á mostra, e virán de regreso sobre as 20:00 horas.

Divulgar e darlle a coñecer á cidadanía as diferentes opcións que o sistema educativo de Galicia lles ofrece para se formar, a través das diferentes ensinanzas de Formación Profesional, artísticas, musicais, deportivas e universitarias é o que persegue a Mostra do Ensino 2012, un evento organizado pola Consellería de Educación.

Proxecto Terra: A Cidade de Pontevedra

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:17
00/00/
Array

O alumnado de 3º ESO (PDC incluido) desprazase o día 10 de abril a Pontevedra para participar na actividade programada no marco do Proxecto Terra.

Aquí tedes  o programa da actividade:

10:30.- A visita inícase cun percorrido en autobús pola ría ata chegar ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

11:00-12:30.- Paseo polo parque de Lourizán con explicacións a cargo dos guías do parque.

12:30-13:15.- Paseo en autobús desde Lourizán por distintos barrios de Pontevedra, rematando

o percorrido as 13:15 na Alameda, diante do Concello.

13:15-14:15.- Paseo polo centro histórico de Pontevedra facendo fincape nas actuación de peonalización e restauración así como na arquitectura histórica do casco. Rematamos as 14:30 na Peregrina.

14:15-15:15.- Tempo para o xantar, que corre pola vosa conta. As 15:15 xuntaredevos o grupo na praza da Ferrería para encamiñarvos cara o Museo de Pontevedra.

15:30-17:00.- Visita guiada ao museo de Pontevedra a cargo dos guías do museo. A visita pretende explicar a historia do museo, os seus edificios e coleccións que acolle.

17:00.- Remataremos a visita, recolléndovos o autobús na beira do rio, nun punto próximo ao museo, encamiñándovos de volta cara o centro.

Non faremos paradas no autobus ata chegar a Lourizan as 11:00 polo que sería aconsellable que foran ao aseo antes de sair. Tamén deberían levar un pequeno bocadillo, froita, bebida... para media mañá xa que non faremos paradas ata a hora de xantar ás 14:15.

Charla con membros da productora cinematográfica Via Láctea

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:11

O martes 27 de marzo, a última hora da mañá (14:10-15:00), o equipo da productora Via Láctea mantivo unha entretida charla co alumnado de 2º de ESO, 4º de ESO e 1º de BAC no salón de actos, para presentar a súa última producción: "Vilamor".

Vía Láctea Filmes é unha productora de Galicia que se adica á producción de longametraxes de ficción, longametraxes documentais para salas, películas para televisión, e documentais para televisión.

Visita didáctica á Fundación Caixa Galicia e a Fundación MACUF

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 07:41
00/00/
Array

Acompañado pola profesora Nuria Pena Figueruelo, o día 23 de marzo os/as alumnos/as de Educación Plástica e Visual (Sección Bilingüe) dos cursos 3º e 4º de ESO fixeron unha visita á Fundación Caixa Galicia e ao Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa (MACUF), ámbolos dous de A Coruña.

A Fundación Caixa Galicia nace no ano 1989 co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións.

O Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa (MACUF) é un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, cuxo prestixio e calidade son un referente no ámbito sociocultural galego.

Visita didáctica a Lugo

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:15
00/00/
Array

O alumnado de 1º de ESO desprazaráse a Lugo o vindeiro venres, 23 de marzo, para realizar unha visita didáctica á cidade.

Acompañados/as pola profesora Mª José Fernández Gallego, visitarán a exposición ROMANORUM VITA, ademáis da CASA DOS MOSAICOS e outros lugares de interese da vila.

Teñen prevista a saída do instituto ás 9:20 h. e estarán de volta en Guitiriz ás 14 h.

Visita didáctica á Capela

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:12
00/00/
Array

Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitará o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela.

Esta visita realizaráse o venres 16 de marzo. Sairán do instituto ás 8:30 h. tendo prevista a volta para as 14:00 h.

Ciclo de Teatro Clásico de Lugo

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:04
00/00/
Array

O vindeiro día 14 de marzo, mércores, organizado polo departamento de Latín, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3º de ESO, 4º de ESO e Bacharelato realizará un desprazamento a Lugo para asistir a unha representación de Teatro Clásico.

Sairán de Guitiriz ás 10:10 h. e voltarán aproximadamente ás 19:00 h.

Obradoiro "OPS"

Enviado por admin o Lun, 27/02/2012 - 10:10
00/00/
Array

Coa organización do Equipo de Normalización Lingüística, xunto coa Biblioteca e o Departamento de Actividades Extraescolares, o vindeiro venres día 13 de abril desenvolveráse no instituto un obradoiro de portugués simple (OBRADOIRO OPS).

Neste obradoiro, que terá unha duración de 100 minutos, participarán os seguintes grupos co horario que se lles asigna:

3º de ESO: de 10,10 a 12,10
4º de ESO: de 10,10a12,10
1º de BAC: de 12,10 a 14,00
2º de BAC: de 12,10 a 14,00
Distribuir contido