Skip to Content

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
CURSO 2024-2025

Hoxe día 15 de maio fixéronse públicas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos nos cursos nos que foi necesaria a baremación. As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do centro e na aplicación de admisión (con certificado electrónico ou Chave365). Contodo, informamos de que, tras da reclamacións presentadas, non houbo variacións respecto ás asignacións de alumnado que se fixeron nas listaxes provisionais.

Todo o alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula durante as datas que, a tal efecto, se habilitarán na secretaría a partir do 21 de xuño e das que se informará a través desta páxina web.

Contra as listaxes definitivas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación [Art. 36.1 da Orde de 21 de outubro de 2022].

 

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE RECUPERACIÓN DE ALUMNADO CON MATERIAS SUSPENSAS (2º BACH)

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS

DE RECUPERACIÓN DE BACHARELATO (CURSO 23-24)


*     *     *

ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS PENDENTES
DE 1º BACH [DESCARGAR]

DÍAHORAMATERIAAULA

LUNS
3 de xuño

09:30

Matemáticas I

--
16:30

Ed. Física
Física e química

--
MARTES
4 de XUÑO
18:00

L. Castelá I
Inglés I

--

 

*      *     *

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE RECUPERACIÓN
DE BACHARELATO

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO CON MATERIAS SUSPENSAS
[Descargar]

DÍAHORAMATERIANIVEL
LUNS
10 de xuño
08:40-10:10Bioloxía/ Xeografía/ Deb. Técnico II
 BAC2
10:20-11:50L. Galega IIBAC2
12:30-14:00L. Castelá IIBAC2 
16:30-18:00Hª da Filosofía
BAC2 
18:00-19:30Matemáticas II/ MatsCCSS II/ Latín II

BAC2

MARTES
11 de xuño

08:40-10:10Hª da Arte
BAC2
10:20-11:50Hª de España

BAC2 

12:30-14:00Tec. Enxeñería II
BAC2 
16:00-17:30Inglés II
BAC2 
18:00-19:30Francés II/ TIC II
BAC2
MÉRCORES
12 de xuño
08:40-10:10Grego II/ Mét. Est. e num.
BAC2
10:20-11:50FísicaBAC2 
12:30-14:00Química/ Emp.Mod.Neg.
BAC2 

 

 

BOLSAS MEC PARA ALUMNADO NEAE (2024-2025)

CONVOCATORIA DE BOLSAS NEAE
(Curso 24-25)

Becas


     Xa está publicada a convocatoria anual para a solicitude de bolsas para alumnado con necesidades especiais de apoio educativo (NEAE). O prazo para a solicitude ábrese desde o día 30 de abril de 2024 e remata do 13 de setembro.
     A solicitude realízase únicamente on line a través do servizo electrónico do Ministerio de educación. Os solicitantes deberán imprimir o documento pdf da solicitude e presentalo na secretaría do seu centro de estudos para a súa comunicación aos servizos de orientación e inspección correspondentes. Poden atopar toda a información necesaria da convocatoria no Portal de bolsas do ministerio e na páxina de información da sede electrónica do mesmo portal.

 

 

PROBAS DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES (ESO)

PROBAS DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES COMUNICADAS Á DIRECCIÓN

    Os seguintes departamentos didácticos comunicaron á dirección do centro que, segundo as súas programacións, teñen previstas probas de recuperación para alumnado pendente de cursos anteriores nas datas indicadas neste cadro.

MATERIADATA DA RECUPERACIÓN PREVISTA
BIOLOXÍALuns, 06/05/2024 ás 16:30 horas
FeQ
Xoves, 09/05/2024 ás 16:30 horas
INGLÉSLuns, 13/05/2024 ás 16:30 horas
ED. FÍSICALuns, 27/05/2024 ás 16:30 horas
L. GALEGA
Luns, 27/05/2024 ás 18:00 horas

 

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN (CURSO 2024-2025)

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión para o curso 2024-2025 foron publicadas no día de hoxe na aplicación electrónica de admisión (só persoas que dispoñan de certificado electrónico de acceso ou chave 365). As listaxes en papel poderán consultarse tamén no taboleiro de anuncios do centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación presentada na secretaría do centro dirixida ao Consello escolar no prazo de cinco días hábiles a partir da publicación das listaxes (é dicir, con data máxima do vindeiro venres 3 de maio).

A publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos realizarase o 15 de maio.

 

LEXISLACIÓN APLICADA

    O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:

a. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

c. Orde do 26 de maio de 2023, pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Distribuir contido


by Dr. Radut