Skip to Content

MATRÍCULA 2024-2025. FIN DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA

MATRÍCULA. CURSO 2024-25

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON

RESERVA DE PRAZA DESDE OS CENTROS ADSCRITOS

O pasado día 5 de febreiro rematou o prazo de presentación de solicitudes de reserva desde os nosos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Alborada, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro e CEIP Salgado Torres).

Despois de recibir no noso centro todas as solicitudes e validalas de acordo coa lexislación vixente, queremos informar aos solicitantes de que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO NON CUBREN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que ESTES SOLICITANTES TERÁN A OBRIGA DE PARTICIPAR DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E, NO SEU CASO, DE BAREMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES.

*          *          *

Esta resolución/aviso será publicada no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña e comunicada para o seu traslado a todos os intereseados aos centros adscritos.

 

 

BOLSAS PARA PROGRAMAS DE PRÁCTICA DA LINGUA INGLESA NO ESTRANXEIRO

BOLSAS PARA A PRÁCTICA DA LINGUA INGLESA
NO ESTRANXEIRO PARA

ALUMNADO DE 1º e 2º BACH

(CONVOCATORIAS DO CONCELLO DA CORUÑA
E DA CONSELLERÍA DE CULTURA)

Coruña no mundoAxudas LE

A. BOLSAS DO CONCELLO DA CORUÑA (IDIOMAS DO MUNDO 2024)

    O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, dentro do programa "A Coruña no mundo: Idiomas do mundo", abrirá nos vindeiros días o prazo para solicitar as bolsas de axuda para todo o alumnado de 1º de Bacharelato interesado en participar no programa de estancias en Irlanda para a práctica por inmersión lingüística en inglés. O Concello ofertará 30 bolsas para estancias que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto.

    As bolsas de axuda inclúen desprazamento, alouxamento, clases e actividades culturais e lúdicas no país de destino. O Concello establece que as estancias tamén poderán estar en réxime de cofinanciación polas familias dos solicitantes.

Os requisitos para participar no programa son:

a. estar empadroado na cidade da Coruña e matriculado nun centro escolar da cidade en 1º de Bacharelato durante o curso 23-24
b. ter aprobadas todas as materias do pasado curso en 4º ESO
c. ter unha nota media de 7 en 4º ESO e na materia de inglés

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue do 22/02 ata o 07/03/2024 cubrindo a ficha de inscrición e presentándo a documentación requerida nalgún dos Rexistros xerais do Concello da Coruña. Toda a información sobre bases e requisitos está dispoñible no portal de educación do Concello da Coruña

 

B. Bolsas da Dirección Xeral de Ordeación Educativa (Consellería de cultura, educación, FP e Universidades - Xunta de Galicia)

     A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través de Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 [...], establece a posibilidade de solicitar en réxime do concorrencia competitiva bolsas de axuda para a realización de actividades de inmersión en linguas estranxeiras. As actividades solicitadas desenvolveríanse nos meses de xullo e agosto. As axudas cubren os gastos de viaxe, alouxamento, manutención e actividades no país de destino. Os requisitos de participación son os seguintes:

a. estar cursando 1º ou 2º de Bacharelato nun centro público de Galicia durante o curso 2023/24
b. ter todas as materias do curso 2022/23 aprobadas
c. ter unha media mínima de 6 na materia de 1ª lingua estranxeira no curso no que estaba matriculado en 2022/23.
d. non ter solicitada ningunha outra axuda para o mismo fin

     Poden consultarse as bases da convocatoria no enlace coa citada Orde. A presentación de solicitudes faise vía on line a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED504B). O prazo de solicitude remata o día 13 de marzo.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/2025

MATRÍCULA
CURSO 2024-25

PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN

 

   RESERVA DE PRAZA para centros adscritos de primaria (XAN/FEB)

   SOLICITUDE DE ADMISIÓN (primaria/secundaria/Bach) (MARZO)    

   MATRÍCULA (XUÑO)

   NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

   LEXISLACIÓN aplicable

 

PRAZOS DE
RESERVA, ADMISIÓN ORDINARIA
E MATRÍCULA

     A partir do 15 de xaneiro comezan os prazos para solicitar admisión en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da reserva, admisión ordinaria e matrícula, marcados por lei no Decreto 13/2022 de 3 de febreiro, desenvolvido na Orde do 21 de outubro de 2022 son os que aquí se indican. En todo caso, para calquera consulta sobre o procedemento (datas, documentación necesaria, listaxes, etc.) poden acudir ao portal da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e á aplicación de admisión


PRAZO 1

ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS (CEIPP ALBORADA, CEIPP NOVO MESOIRO, CEIPP MANUEL MURGUÍA E CEIP SALGADO TORRES)

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro:

Lugar de presentaciónna secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria. 

Voltar á cabeceira

adorno


PRAZO 2

PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA OU ADSCRITOS DE RESERVA CANDO AS PRAZAS NON SON SUFICIENTES

Do 1 ao 20 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (alumnado que quedou sen praza na reserva, alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento descargable.

Lugarcentro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]

PROCESO DE BAREMACIÓN
(Entre o 21 de marzo e o 3 de abril, inclusive)

  Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, será necesario baremar as solicitudes. Os criterios de baremación serán os indicados no Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

*  *  * 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

   Entre os criterios do baremo, o centro ten dereito á adopción dun criterio complementario propio por 1 punto. O IES Plurilingüe Elviña, en Consello Escolar de 13 de febreiro de 2020, validou o seguinte criterio: "acórdase dar un punto ao alumnado que, no último curso que realizou completo, non teña ningunha materia suspensa e obtivese unha cualificación de 8 ou superior na materia de inglés. Para acreditar este criterio o solicitante deberá entregar algún destes documentos: certificación académica do curso correspondente ou boletín final de cualificación orixinal ou fotocopia cotexada".
                                                                              [Aprobado en CE a 30/01/2020]

 Voltar á cabeceira

adorno

PRAZO 3

PRAZO DE MATRÍCULA

Do 23 de xuño ao 7 de xullo: matrícula en ESO e Bacharalato para todo o alumnado do centro e para todo o alumnado admitido nos procesos de reserva e/ou admisión ordinaria.

Instrucións para a matrícula [só dispoñibles nas datas de matrícula na secretaría do IES]

Lugar: secretaría do centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo.

Voltar á cabeceira

*      *      *

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

1. Os solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegando os criterios de admisión/baremación que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida/entregada ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anteriror e, asimemso, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.

4. O IES Plurilingüe Elviña conta con varias liñas de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 09:00 a 13:30.

5. A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Elviña implicará o respecto e aceptación do seu proxecto educativo.

Voltar á cabeceira

*      *      *

LEXISLACIÓN E PROCEDEMENTO

    O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:

a. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

c. Orde do 26 de maio de 2023, pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

c. Instrucións sobre o proceso de admisión da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

d. Procedemento de admisión: instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros de ensino

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Benvidos

 

     Atendendo ao inicio de procedemento de admisión de alumnado para o curso que ven, o IES Plurilingüe Elviña realizará unha xornada de portas abertas para aquelas familias que desexen coñecer as características do centro e a súa oferta. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 18:00 horas no Salón de actos do centro, onde poderán coñecer á directiva do instituto e resolver as dúbidas sobre as características do instituto e sobre o proceso de solicitude de praza.

     Dada a elevada oferta previsible no 1º curso de ESO e o límite de aforo do Salón de actos do centro, pregamos que non veñan acompañados por máis de dúas persoas para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.

    No caso de que se completase o aforo dispoñible de 250 persoas, non se permitirá a entrada de máis persoas ao centro, polo cal pregamos a súa comprensión.

Contamos coa vosa presenza!

 

CALENDARIO E FELICITACIÓN DE NADAL DO IES ELVIÑA

HORARIO DE ATENCIÓN DA SECRETARÍA
DURANTE O NADAL

    Durante o período de Nadal a secretaría do centro abrirá os días e horas seguintes:

días 26, 27 e 28 de decembro de 10:00 a 12:30 horas

     Lembren que as solicitudes de certificacións débense facer a través desta mesma web (sección CERTIFICACIÓNS na icona lateral esquerda) e serán atendidas en prazos legais. Para outras consultas, poden utilizar o correo electrónico do centro.

FELIZ NADAL E ANINOVO!

Feliz nadal

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut