Skip to Content

RECUPERACIÓN DE PENDENTES DAS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE DEBUXO (CURSO 2023-2024)

DATAS DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES (EDUCACIÓN PLÁSTICA)

Infórmase de que a proba de recuperación de pendentes de cursos anteriores nas materias ESO do Departamento de Debuxo realizaranse o luns 22 de abril ás 16:30 horas.

Materias ESO do Dpto. de debuxo:

a) Educación plástica, visual e audiovisual 1º ESO
b) Educación plástica, visual e audiovisual 3º ESO

A materia "Proxecto competencial" de 1º ESO se recupera a través da presentación de traballos, polo que o alumnado pendente NON TEN QUE SE PRESENTAR A NINGÚN EXAME DESTA MATERIA para recuperala.

 

MATRÍCULA 2024-25. FIN DO PERÍODO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:

  • en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO NÚMERO DE VACANTES DISPOÑIBLES (125 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo queSERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (1 vacante), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.


  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (1 vacante) polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMACIÓN

Aqueles solicitantes que deixasen sen presentar documentación obrigatoria para os criterios de baremo alegados, deberán entregala na secretaría do centro con data límite do día 5 de abril (inclusive).

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 15 de maio, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2024-2025

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
CURSO 2024-2025

 becas

BECAS MEC

Universitarios

PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2024-25

     O pasado día 13 de marzo foi publicada a Resolución da secretaría de estado de educación coa nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2024-2025.

    O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 19 de marzo ata o 10 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 2024-2025

    Lembren que a solicitude e concesión da bolsa de axuda está supeditada ao cumprimento de certos requisitos no curso 2024-25 (manter a matrícula aberta durante todo o curso, non ter absentismo inxustificado en ningunha materia, superar un mínimo do 50 % das materias nas que o/a alumno/a se matricule no curso 24-25). En caso de incumprimento destes requisitos, as contías das bolsas serán reclamadas para a súa devolución.

Enlace coa entrada correspondente no blog da orientadora do centro [En preparación]

 

PROBAS PARA A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ALUMNADO)

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS
(ALUMNADO)

 

   A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación ven de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

    A competencia dixital é unha das competencias clave que se avalían no sistema educativo e a súa acreditación constitúe un dereito do alumnado ao fin da súa educación secundaria. Neste sentido, dentro do Marco galego de competencias dixitais, tense establecido que o alumnado que remata os seus estudos de secundaria coa obtención dos títulos correspondentes, recibirá de oficio as acreditacións correspondentes:

a. coa obtención do título de ESO: acreditarase de xeito automático a competencia dixital no nivel de INICIACIÓN

b. coa obtención do título de Bacharel: acreditarase de xeito automático a competencia dixital nas áreas 1, 2, 3 e 5 no nivel INTERMEDIO.

 

    Aparte destas acreditacións, o alumnado dos niveis educativos de 4º ESO e de 2º Bacharelato interesado en acreditar o nivel INTERMEDIO da competencia dixital en todas as áreas, pode facelo a través dunha proba oficial que se realizará no propio centro de ensino nos meses de abril (2º BACH) e maio (4º ESO).

     O alumnado destes niveis que desexe realizar esta proba deberá presentar a solicitude do enlace de abaixo asinada (por si mesmo, se é maior de idade, ou polos seus proxenitores/titores legais no caso de ser menor) na secretaría do centro para o seu rexistro antes do día 14 de marzo. O documento de solicitude pode tamén solicitarse aos docentes titores destes niveis educativos, que informaron nas aulas destas acreditacións hai uns días.

DESCARGAR FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Toda a información necesaria sobre as probas e contidos das probas está na propia Resolución do 28 de febreiro

Outros enlaces de interese con información sobre as acreditacións e as probas:


Portal da Consellería de cultura: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Portal da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centros/xerenciaproxectos/competenciasdixitaisalumnado

 

MATRÍCULA 2024-25. PROCESO DE ADMISIÓN. VACANTES

VACANTES DE ADMISIÓN (CURSO 2024-2025)

 O centro non conta con vacantes en 2º e 3º ESO para o vindeiro curso 2024-2025

CURSO

VACANTES
1º ESO125
4º ESO20
1º BACH. CIENCIAS E TECNOLOXÍA
1
1º BACH. HUMANIDADES E CC.SS.
1
2º BACH. CIENCIAS E TECNOLOXÍA2
2º BACH. HUMANIDADES E CC.SS.

22

Distribuir contido


by Dr. Radut