Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 4 membros do profesorado
b) 3 membros dos representantes de alumnado
c) 3 membros dos representantes das familias
d) 1 membro do persoal de administración e servizos


NOMEAMENTO DA
XUNTA ELECTORAL

Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. AXunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

a. o director ou directora do centro de ensino, como presidente da mesma
b. 1 profesor elixido por sorteo público
c. 1 pai ou nai elixido/a por sorteo público
d. 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
e. 1 membro do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público


CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN
DA XUNTA ELECTORAL

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

1. farase sorteo público o día 27 de outubro de 2021 no despacho de xefatura de estudos do IES Plurilingüe Elviña ás 11:00 horas

2. no sorteo, aberto a calquera membro da comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña, previa solicitude a través da secretaría do centro (en cumprimento da normativa sanitaria non será posible permitir o acceso dun número amplo de persoas), asistirán: o director e o secretario do instituto (presidente e secretario do proceso), 1 membro do profesorado elixido ao azar, 2 membros do alumnado elixidos ao azar

3. método do sorteo:

a. elixiranse dous representantes por cada membro necesario, o primeiro en calidade de titular e o segundo en calidade de suplente
b. o secretario do centro acudirá coas listaxes de pais/nais, alumnado, PAS e profesorado do centro nas que cada membro da comunidade figurará cun número de referencia
c. na elección procederase pola seguinte orde:

A. elección do membro do alumnado: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

B. elección do membro das familias: extraeranse 3 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 8) que representará a centena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a decena
3ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

C. elección do membro do profesorado: extraeranse 2 bolas

1ª bola (con números do 0 ao 5) que representará a decena
2ª bola (con números do 0 ao 9) que representará a unidade

D. elección do membro do persoal administrativo e de servizos: extraerase 1 bola (con números do 1 ao 7)

    A elección por cada membro realizarase dúas veces, a primeira para escoller ao membro titular da Xunta e a segunda para escoller ao membro suplente de cada posto. Se na elección dun membro da Xunta saíse unha combinación de números sen asignación de persoa (000, por exemplo), repetirase esa elección desde o principio.

 

CONSTITUCIÓN DA
XUNTA ELECTORAL

Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no centro o 3 de novembro de 2021.

TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 21-22

HORARIO E PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 21-22

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE DA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE:

O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É
O HORARIO APROXIMADO QUE NOS COMUNICA A COMPAÑÍA DE TRANSPORTE: NON
PODEMOS SER MÁIS PRECISOS

¡ESTEAN CON ANTELACIÓN NAS PARADAS E TEÑAN PACIENCIA!

 

O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar

O alumnado debe utilizar exclusivamente a parada que solicitou no momento de matricularse.

Cada alumno/a estará na parada que lle corresponda dos seguintes cadros.

*        *        *

LIÑA 1. AUTOS ORÓNS
PARADAS1º e 2º ESO
  Urbanización Breogán
7:55
  Feáns 55/56
7:56
  Novo Mesoiro, 10
8:00
  Mesoiro vello, 73
8:05

*        *        *

LIÑA 2. AUTOS ORÓNS
PARADAS1º e 2º ESO
  Ribeira Sacra, 3
8:00
  Ribeira Sacra, 12
8:03
  Martinete
8:10

*        *        *

LIÑA 3. AUTOS ORÓNS (3ª e 4º ESO)
PARADAS DOS MARTES E XOVES

PARADAS 
  Castro de Elviña
7:45
  Urbanización Breogán
7:55
  Feáns, 55
7:56
  Novo Mesoiro, 108:00
  Novo Mesoiro, 30
8:02
  Ribeira Sacra, 3
8:05
  Ribeira Sacra, 128:06
  Fragas do Eume, 20
8:08

 

LIÑA 3. AUTOS ORÓNS (3ª e 4º ESO)
PARADAS DOS LUNS E MÉRCORES

PARADAS 
  Castro de Elviña
8:45
  Urbanización Breogán
8:55
  Feáns, 55
8:56
  Novo Mesoiro, 109:00
  Novo Mesoiro, 30
9:02
  Ribeira Sacra, 3
9:05
  Ribeira Sacra, 129:06
  Fragas do Eume, 20
9:08

 

*        *        *

LIÑA 4. AUTOS RICO
PARADAS1º e 2º ESO
  Palavea7:55
  Novo Mesoiro, 30
8:05
  Fragas do Eume, 20
8:10

 

 

INICIO DE CURSO (3). DÍA DE PRESENTACIÓN DE GRUPOS

MÉRCORES 15 de SETEMBRO

DÍA DE PRESENTACIÓN

 

I. HORARIO DE PRESENTACIÓN DE GRUPOS

O día 15 de setembro comeza o curso en todos os cursos de secundaria. No IES Elviña adicaremos este día á presentación dos grupos de ESO. En Bacharelato, haberá clase normal. Os horarios de presentación e recollida do alumnado serán os seguintes:

1º e 2º de BACH
(09:20 ata 14:50 horas)

Á 1ª hora terán unha sesión co profesorado titor. 
A partir desta hora, haberá clase normal ata última hora.
3º e 4º de ESO*
(10:10 ata 11:10 horas)
O alumnado destes grupos terá unha sesión de presentación
 co seu profesorado titor e marcharán a casa. 
Incorporaranse ás aulas en horario normal a partir do xoves
1º ESO*
(11:30 ata 14:00 horas)
Este alumnado adicará a mañá a tres sesións de presentación
para que coñeza os espazos e os principais procedementos de organización do centro. 
Incorporarase ás aulas en horario normal a partir do xoves
2º ESO*
(12:20 ata 14:00 horas)
O alumnado terá unha sesión lectiva de presentación
co seu profesorado titor. 
Incorporarase ás aulas en horario normal a partir do xoves

 

*O ALUMNADO CON DEREITO A TRANSPORTE ESCOLAR TERÁ AUTOBÚS Á ENTRADA E A SAÍDA.
PUBLICARASE O HORARIO DE TRANSPORTE DO MÉRCORES AO LONGO DO MARTES NESTA MESMA WEB

 

II. PROCEDEMENTO DE ENTRADA PARA OS GRUPOS

1. O alumnado DEBERÁ ACCEDER A PÉ E UNICAMENTE POLA CANCELA DA RÚA ALEXANDER VON HUMBOLDT (fronte ao Bar Paradiñas).

2. O acceso ao aparcadoiro das familias e dos vehículos alleos aos centros de ensino NON ESTARÁ PERMITIDO

3. O acceso pola porta central do aparcadoiro É EXCLUSIVO PARA ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP ALBORADA E NON PODERÁ SER UTILIZADO EN NINGÚN CASO

4. Para garantir o cumprimento da normativa sanitaria vixente, o alumnado de cada grupo deberá acceder no seu horario de entrada polo seu espazo particular, tal e como se indica no seguinte recadro:

PORTAS DE ACCESO DE CADA GRUPO
 1º ESO  AGARDARÁN NOS PORCHES DA ENTRADA
A CHEGADA DOS TITORES
 2º ESO Porta principal do centro subindo
polas escaleiras da sala de profesores
 3º ESO  Porta principal do centro subindo
polas escaleiras de conserxería
 4º ESO Porta principal do centro subindo
polas escaleiras da sala de profesores
 1º BACH  Cancela lateral entrada
pola porta do soto
 2º BACH  Cancela lateral entrada
pola porta do soto

BOLSAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS BOLSAS NEAE
DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

     Como todos os anos por estas datas, está aberto o prazo para a tramitación da solicitude das Bolsas NEAE do MEC. As familias interesadas deben facer a solicitude a través da Sede electrónica do Ministerio seguindo as instrucións do formulario web. Unha vez rematada a presentación telemática, deberá imprimirse e presentarse na secretaría do centro de ensino no que o alumno solicitante se atopa matriculado xunto con toda a documentación necesaria segundo a convocatoria  ANTES DO 30 DE SETEMBRO.  

Incluímos nos seguintes documentos todas as instrucións enviadas ao centro relativas as Bolsas:

a. Instrucións para solicitar bolsas NEAE (cidadán)
b. Escrito informativo de novidades da convocatoria
c. Información sobre as contías das bolsas
d. Certificación de uso de transporte
e. Certificación de uso de comedor
f. Información sobre a noción de unidade familiar

INICIO DE CURSO (2). GRUPOS DE ALUMNADO

AVISO XERAL SOBRE O PRIMEIRO DÍA DE CLASE (MODIFICADO A 13/09/2021)

Ante as consultas realizadas por varias familias, informamos de que estamos pendentes de confirmación para a organización do horario de comezo de clases e de organización do curso. En todo caso, o primeiro día de clase será o vindeiro mércores 15 de setembro.

Todas as informacións necesarias relacionadas coa organización deste día (horarios, entradas e saídas, grupos asignados ao alumnado, horarios de transporte, etc.) serán expostas nesta páxina web entre o luns e o martes e remitidas ás familias a través de mensaxes Abalar. É fundamental, polo tanto, que todas as familias estean atentas ás publicacións, que se irán facendo de xeito inmediato segundo haxa seguridade da súa implementación.

Moitas grazas e feliz curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut