Skip to Content

INICIO DE CURSO 21-22 (1). FONDO LIBROS

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PRÓXIMA PUBLICACIÓN

Infórmase que, dacordo coa convocatoria anual do Fondolibros (Orde de 6 de maio de 2021) as listaxes definitivas do Fondo deben publicarse o día 15. Só nestas listaxes, que deberán ser consultadas na secretaría do centro, aparecerá asignación de libros concretos por alumno.

O alumnado que non devolva todos os libros prestados do curso que remata, quedará excluído automaticamente da asignación de libros pola aplicación informática que realiza as asignacións.   

ENTREGA DE BOLETÍNS (AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO)

HORARIO DE ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS DE SETEMBRO

A entrega de boletíns da convocatoria extraordinaria de setembro realizarase o martes día 7 de setembro seguindo o seguinte orde:

NIVELHora
1º BACHARELATO10:00 horas
4º ESO10:00 horas
3º ESO10:30 horas
2º ESO11:00 horas
1º ESO11:30 horas

O alumnado irá ás súas aulas de referencia, onde o profesorado titor procederá á entrega dos boletíns e dos formularios de matrícula para o curso vindeiro. Lembren que o prazo de matrícula remata o día 10 de setembro. 

PROBAS DE SETEMBRO. AULAS

CADROS DE PROBAS DE SETEMBRO CON ASIGNACIÓN DE AULAS
(Facer clic sobre os cadros para descargalos en PDF)

Aulas BACH
Aulas ESO
Aulas Ptes

 

FONDO LIBROS. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTAXES DO

FONDOLIBROS 2021-22

Xa están publicadas as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2021-22. Lembren que:

a. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

b. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas de setembro, unha vez rematado o período de matrícula extraordinario.

c. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros deixaron sen entregar documentación necesaria. Poderán subsanar estas carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas en setembro.

d. os solicitantes que aínda non formalizaron a súa matrícula (por ter materias suspensas para setermbro) ou que aínda non devolveron TODOS os libros do curso que remata, aparecerán como "condicionados" ou "pendentes". Deberán formalizar a súa matrícula dentro do período extraordinario e devolver TODOS os libros para que a súa solicitude se normalice nas listaxes definitivas*. De non cumplir estes dous requisitos antes do 10 de setembro, estes solicitantes quedarán fóra do fondolibros.

*NOTA: as persoas que formalizaron a súa matrícula hoxe día 9 de xullo aparecen condicionados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas de setembro.

e. os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do luns día 12 de xullo no seu horario de atención (09:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables).

Gañadoras do concurso "A máscara que inspira"

Paula e Isa, alumnas de Latín e Grego do noso centro, gañaron o primeiro posto e o accésit do concurso "A máscara que inspira" na modalidade Polignoto. Este concurso foi convocado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos de Galicia tendo como base o arquetipo de Hécuba; as nosas alumnas revitalizaron a traxedia de Eurípides coas súas interpretacións en banda deseñada. Podedes ver os seus debuxos nesta mesma páxina web no apartado de linguas clásicas; aquí van as fotografías da entrega de premios na Facultade de Filoloxía da USC. Parabéns ás premiadas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut