Skip to Content

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da ESO 2024/2025

A Orde do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio de 2024) regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

O IES Fernando Blanco está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/2025, polo tanto, o  alumnado de 1º, de 2º, de 3º e de 4º da ESO estará excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de textoNon obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na devandita orde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo para presentar solicitudes:

1. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo de un (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2024/25 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de un (1) mes desde a formalización da matrícula.

Link á Orde

Modelo de solicitude ED330B, en galego

Modelo de solicitud ED330B, en castellano

I SEMANA DAS ARTES ESCÉNICAS

 

A vindeira semana temos un evento moi especial para toda a comunidade educativa do IES Fernando Blanco, a celebración da I Semana das Artes Escénicas.

Dende o luns 20 ao venres 24 de maio no Salón de Actos do IES Fernando Blanco representanse diferentes obras teatrais grazas a colabación de varias compañías teatrais que xenerosamente poñen a nosa disposición a súa arte e o seu tempo.

A programación en horario de mañá estará dirixida á nosa comunidade educativa na cal tamén se inclúe un obradoiro de máscaras, cuxos resultados serán obxecto dunha exposición final nas instalacións do centro. Tamén dentro deste programa de mañá, o venres 24, levarese a cabo unha respresentación moi especial para o noso centro, a estrea por parte do noso grupo de teatro Tuéjele Teatro  coa obra " Os vellos non deben de namorarse". 

 

A programación da tarde estará dirixida ao público en xeral con entrada libre até completar aforo.

 

Probas libres para a obtención de títulos FP

Na pestana Probas libres ciclos FP atoparás toda a información relativa ás probas libres do ciclo medio de Mantemento Electromecánico.

Iremos actualizando a pestana seguindo os prazos, prestade atención!!

ROTEIRO LITERARIO. CLUB DE LECTURA NAUTILUS (IES FERNANDO BLANCO) E CLUB DE LECTURA LIBROS COMA AREA ( IES AGRA DE RAÍCES)

 

O pasado xoves día 9 de maio o alumnado do Club de Lectura Nautilus do noso centro xunto ao alumnado do Club de Lectura Libros coma area do IES Agra de Raíces tiveron a ocasión de desfrutar dunha marabillosa xornada na cidade de A Coruña onde realizaron un roterio literario.

PLAN CUALE DE INGLÉS. CURSO 2024/25

Ata o 7 de xuño de 2024 está aberto no IES Fernando Blanco o prazo para a preinscrición no Plan CUALE de inglés nivel A2 ou nivel B1.

Tedes toda a información no cartel adxunto, así como o link ao impreso para facer a preinscrición. 

LINK AO IMPRESO DE PREINSCRICIÓN

Cartel informativo CUALE 2024/2025

 

Fai clic sobre a imaxe para ampliar

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS ALUMNADO FP, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, ESO E BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS

 

A Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, ditan as intrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencia dixital que se acreditan a travé dos procedementos regulados nesta resolución son: inciación e intermedio, que se corresponden cos niveis de aptitude do Marco Galego de Competencias Dixitais.

Os xeitos de acreditación establecidos son:

  • DE OFICIO

  • MEDIANTE PROBA:
    • Nivel intermedio Completo

 

 

    • Proba dominio IV + Titulación

 

 

 

  • O alumnado interesado en realizar a proba solicitará a súa inscrición empregando o modelo de SOLICITUDE do anexo I e entregandoa ás persoas titoras do seu curso. Se é menor de idade deberá contar ca correspondente autorización que será entregada xunto a anterior solicitude.

 

 

A data límite de inscripción é o 22 de Maio .

 

Ligazón á Resolución 

Ligazón Demo da Proba

 

 

CLUB DE CIENCIA. CHARLA DRA. ANTÍA SAR RAÑÓ

Esta semana o alumnado participante do Club de Ciencia desfrutou dos coñecementos da Doutora en Química pola UDC e ex-alumna do IES Fernando Blanco, Antía Sar Rañó,  sobre o mundo da investigación en xeral e da súa propia en particular, concretamente sobre a introducción de vanadio en certas moléculas para despois insertalas en células con vistas a posibles aplicacións farmacolóxicas.

 

Moitas grazas Antía pola túa colaboración co noso Club de Ciencia

.

 

OBRADOIRO SOBRE NUTRICIÓN. 2º ESO

O pasado martes 30 e abril, o noso alumnado de 2º da ESO participou nun obradoiro sobre nutrición impartido pola especialista Candela Martínez Castro fundadora e directora de Sabe que Alimenta

Neste obradoiro o alumnado, a maiores de coñecer de primeira man os beneficios de levar unha dieta saudable, tiveron a oportunidade de realizar diferentes elaboracións ben nutritivas.

 

FP INNOVA 2024

 

 

Unha edición máis o noso centro participa no FP INNOVA cun proxecto de innovación educativa desenvolvido polo alumnado e profesorado de Formación Profesional do noso centro educativo. Nesta ocasión a iniciativa nace da Familia Profesional de Electrónica e Electricidade  co proxecto seleccionado para a mostra no FP INNOVA 2024 que se levou a cabo os pasados días 24, 25 e 26 de abril,  titulado " Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas".

O proxecto de innovación presentado consiste no desenvolvemento dun sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como sudokus, explorando novas aplicacións da IA no ámbito da automatización.

 

 

Por outra banda o noso alumnado dos Ciclos Formativos das diferentes familias profesionais impartidas no noso centro tiveron a ocasión de visitar o pasado día 25 as mostras de tódolos centros participantes da nosa comunidade no FP INNOVA 2024.

 

Visita ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes. CiTIUS. 1º BACH

O pasado luns 22 de abril o noso alumnado de 1º de Bacharelato do ámbito científico visitou as instalacións do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes,  CiTIUS  ubicado no Campus Vida da USC en Santiago de Compostela dentro do "Programa de visitas ao CiTIUS"

Foi unha xornada que despertou gran interés e satisfación no noso alumnado no que se desenvolveron unha serie de visitas guiadas con desmostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS por parte dos investigadores desta institución, adaptadas ás idades do alumnado visitante.

Grazas ao persoal do CiTIUS pola iniciativa e a atención prestada.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut