Ciclos Formativos

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI E VII

Enviado por prof_mvr o Ven, 06/04/2018 - 06:09

O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS

Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal.

O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano.

A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas.

 O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes.

 CONSULTA DAS BASES NOS FICHEIROS ADXUNTOS

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: educación@coruna.es e teléfono: 981 184 200, extensión 12114

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Xov, 15/03/2018 - 05:03

No ADXUNTO, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

DATAS E HORARIOS EXAMES 2ª AVALIACIÓN CICLOS DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 26/01/2018 - 05:17

No ADXUNTO pódense consultar as datas e horarios dos exames da 2º avaliación nos ciclos de educación a distancia.

DATAS E HORARIOS EXAMES 1ª AVALIACIÓN CICLOS DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 27/10/2017 - 07:40

No ADXUNTO pódense consultar as datas e horarios dos exames da 1º avaliación nos ciclos de educación a distancia.

ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO EXTRAORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/08/2017 - 07:39

Consulta do calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS FORMATIVOS 17-18 Período ordinario

Enviado por prof_mvr o Mér, 19/07/2017 - 06:03

Pendente a publicación dunha nova listaxe de prazas liberadas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Para consultar as prazas liberadas: http://www.edu.xunta.es/fp/

 

RESERVA DE MATRÍCULA PARA O RÉXIME DE ADULTOS PRESENCIAL E DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Mar, 18/07/2017 - 06:43

No réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia, poderase efectuar reserva de matrícula vía web, coa finalidade de ter que acudir unha soa vez ao centro para efectuar a matrícula dos módulos reservados. Xúntanse instrucións sobre o procedemento de reserva.

Instrucións reserva de matrícula_modular_2017

HORARIOS CICLOS FORMATIVOS ADULTOS PRESENCIAL E DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 17/07/2017 - 16:15

Nos seguintes adxuntos poden consultarse os horarios para o curso 17-18 dos ciclos formativos de adultos nos réximes presencial e a distancia.

ACLARACIÓNS PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 06:41

Debido ás múltiples consultas feitas por correo electrónico e telefónicamente con respecto á admisión en ciclos publicamos as seguintes aclaracións:

  1. As persoas que solicitaron praza nalgún ciclo e saíron nas listaxes provisionais publicadas o pasado 7 de xullo NON TEÑEN A PRAZA ASEGURADA. O figurar nesas listaxes quere dicir que a súa solicitude é correcta.
  2. Ante ditas listaxes os que non estiveran dacordo puxeron reclamación ata as 13:00 do día 11 de xullo.
  3. O próximo 18 de xullo publícanse as listaxes definitivas de solicitudes e a 1ª ADXUDICACIÓN.
  4. Nesa adxudicación SI QUE SE REFLEXA se o solicitante ten praza nos centros elixidos.
  5. A matrícula ten que realizarse entón, e finaliza o día 24 as 13:00. Esta ten que ser feita ven polo interesado ou persoa debidamente autorizada.
  6. O día 27 publícase a 2ª adxudicación.
  7. A matrícula ten que realizarse para esta 2ª adxudicación entre o 27 e o 31 de xullo as 13:00.
  8. O alumnado ADXUDICADO e que non efectúa a matrícula nin renuncie á praza adxudicada quedará excluido do proceso. 
  9. O alumnado que renuncie a unha praza quedará na listaxe de espera para as súas petición que estiveran por encima desta. 

Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).

MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 06:28

CICLOS: Consultar la normativa do proceso de admisión nesta WEB

 ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS DE CICLOS FORMATIVOS DE ORDINARIO QUE PASA A 2º CURSO  OU REPITE 2º OU DO CENTRO QUE SE MATRICULA NOUTRO CICLO

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00

 

ALUMNADO DOUTROS CENTROS CON SÓ FCT E/OU PROXECTO (Incluidos os alumnos de adultos)

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00

 

ALUMNADO DE 1º ORDINARIO, DE ADULTOS PRESENCIAL, DE ADULTOS DISTANCIA QUE RESULTOU ADMITIDO NA 1ª OU 2ª ADXUDICACIÓN.

O impreso de matrícula será facilitado polo centro na secretaría no momento de vir a matricularse.

En ordinario o alumno firmará o impreso.

En adultos  o alumno firmará o impreso despois de elixir os módulos nos que quere matricularse.

Aportará a seguinte documentación:

    • Resgardo da solicitude de admisión.
    • Copia do DNI para aqueles que entregaron a súa solicitude noutro centro.
    • Carnet escolar cumplimentado e con unha fotografía no mesmo. (A recoller previamente na conserxería)
    • 2 fotografía tamaño carnet co nome polo reverso. (Só se admite papel fotográfico)
    • Os menores de 28 anos resgardo do ingreso na conta  de ABANCA nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 € no que figure no Concepto o nome e apelidos do alumno/a.
    • Os maiores de 27 fotocopia da tarxeta sanitaria.

PLAZAS LIBERADAS:

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS

Distribuir contido